Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

O FC Meigas fai historia e xogará en Ames a segunda eliminatoria da Copa da Raíña

O equipo amesán recibe este mércores ao Arriva AD Alcorcón FSF no pavillón de Bertamiráns, tras clasificarse por primeira vez para a segunda rolda

Cartaz do partido
Cartaz do partido
Concello de Ames

A localidade de Ames vivirá este mércores, 24 de setembro, unha xornada histórica para o deporte feminino. O FC Meigas disputará por primeira vez na súa traxectoria a segunda eliminatoria da Copa da Raíña, un fito que chega tras a súa brillante vitoria ante o Valdetires Ferrol FSF por 6-5, nun encontro no que conseguiu remontar ata en dúas ocasións.

O rival será o Arriva AD Alcorcón FSF, un dos equipos máis recoñecidos do fútbol sala español e actual cuarto clasificado da Primeira División, que vén de caer por 3-2 ante o LBTL Futsal Alcantarilla. O partido disputarase ás 20.00 horas no pavillón municipal de Bertamiráns

Festa do fútbol sala en Ames

O club amesán afronta esta cita coa ilusión de quen xa fixo historia, mais tamén coa responsabilidade de medirse a un conxunto consolidado na elite nacional. Dende o Concello destacan que a xornada será “unha festa do fútbol sala feminino” e unha oportunidade única para gozar dun partido de alto nivel en Bertamiráns.