Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Centro Xove da Almáciga acolle o día 7 o festival Crisálide, con danza, drag e música electrónica

A programación inclúe propostas de artistas galegos e internacionais e dúas instalacións seleccionadas nunha convocatoria aberta. A entrada será gratuíta e a partir das 17.00 horas

María Rozas presentou o festival Crisálide xunto a integrantes do colectivo Pupa
María Rozas presentou o festival Crisálide xunto a integrantes do colectivo Pupa
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620v2
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe o programa Crisálide, acompañada de Antía Carreira, Beta Aguilar, Yaiza Mesa e Inés Vázquez, do colectivo Pupa. O festival terá lugar no Centro Xove da Almáciga o próximo día 7, a partir das 17.00 horas. 

En representación de Pupa, Antía Carreira agradeceu o apoio da Concellaría de Mocidade ao proxecto “que mostra que o ocio e a cultura son tamén espazos se residencia”. Ademais, puxeron en valor que este sexa un evento con acceso gratuíto “porque esta é a maneira de achegar a cultura a unha mocidade que vive precarizada”, e no que se fomente “un ocio alternativo e saudable para os mozos e mozas”.

A programación de Crisálida atende a disciplinas pouco programadas na escena cultural galega en xeral, e máis se falamos das propostas dirixidas especificamente ao público mozo. Do cartel do evento fan parte artistas de diferentes disciplinas do ámbito nacional e internacional que, ademais de mostrar o seu talento, poderán establecer contactos a nivel artístico e laboral.

No cartel aparecen o dúo de danza galego-navarro Disiden.Cia, que presentará o seu primeiro traballo para sala, baixo o nome Bipedestrucción; e o colectivo Gostosas, coa participación de dúas das súas seis integrantes: Saya e Clyta, a primeira delas compostelá  con raíces palestinas.

Outra das propostas de “Crisálide” será a do colectivo Drag Averío, formado por seis travestis viguesas que ofrecen un espectáculo cheo de música, humor e caos. Por último, no Centro Xove actuará a DJ, produtora e artista multidisciplinar Megane Mercury, española de orixe ecuatoguineana que ten publicado o traballo “Negras Malas” no que reflexiona sobre a súa experiencia como persoa negra e queer en España.

Convocatoria aberta para instalacións artísticas

A programación de “Crisálide” complétase con dúas propostas que xurden dunha convocatoria aberta de instalacións artísticas que estivo aberta a diferentes disciplinas e formatos. O obxectivo era fomentar a participación da mocidade compostelá na cultura da cidade e poñer en valor o talento novo.  Das 16 propostas presentadas, as seleccionadas foron as instalacións artísticas de Andrés Bow e Nerea Gandía.

O programa “Crisálide” dalle continuidade ao proxecto “Procesos Creativos Disidentes”, organizado o ano pasado tamén coa colaboración da Concellaría de Xuventude e Pupa Creativa, co obxectivo de “impulsar prácticas creativas desde as marxes, difundir a cultura independente, e reflexionar sobre novas formas de facer comunidade”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620