Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago inicia o proceso para conceder a Medalla de Ouro á ciclista Alejandra Neira

O Pleno municipal apoia recoñecer os méritos da deportista compostelá, campioa do mundo júnior de ciclismo en ruta e de Europa júnior de contrarreloxo individual en 2026

Alejandra Neira
Alejandra Neira, nada en Santiago en 2008, asinou en 2026 unha tempada destacada cos títulos de campioa do mundo júnior de ciclismo en ruta e de Europa júnior de contrarreloxo individual
Instagram
beowner620V2
COLIMA 620v2
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Corporación Municipal de Santiago concordou en que a ciclista compostelá Alejandra Neira Domínguez merece o máximo recoñecemento municipal tras proclamarse campioa do mundo júnior de ciclismo en ruta e campioa de Europa júnior de contrarreloxo individual no ano 2026.

Nada en Santiago de Compostela en 2008, a súa traxectoria deportiva é excepcional, con éxitos internacionais que culminan nunha progresión que xa a levara a conquistar títulos estatais, entre eles o Campionato de España júnior de contrarreloxo en 2025 e o dobrete nacional de ruta e contrarreloxo en 2026. Ao seu palmarés súmanse tamén triunfos en competicións internacionais, como a Liexa-Bastoña-Liexa feminina júnior, que confirman o seu talento e a súa capacidade competitiva.

As concelleiras e concelleiros composteláns valoran ademais que Alejandra Neira se converteu xa nunha embaixadora deportiva de Santiago, levando o nome da cidade ás grandes competicións internacionais e contribuíndo á súa proxección exterior.

O Pleno de Santiago considerou así que os extraordinarios méritos deportivos de Alejandra Neira, a súa vinculación coa cidade e os valores de esforzo, superación e igualdade que representa xustifican a concesión da Medalla de Ouro da Cidade de Santiago de Compostela ao mérito deportivo, polo que a Corporación trasladou esta proposta ao Consello Asesor de Condecoracións e instou o Goberno local a promover un acto institucional de entrega da Medalla de Ouro da Cidade que permita compartir este recoñecemento coa deportista, coa súa familia, co Club Ciclista Compostelano e coa cidadanía de Santiago de Compostela.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620