Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago homenaxeará a Alejandra Neira tras proclamarse dobre campioa mundial júnior de ciclismo

O Concello ofrecerá unha recepción oficial o martes 3 de novembro á deportista compostelá, de 18 anos, que logrou dous ouros no Mundial de Ciclismo en Ruta de 2026, nas probas de ruta e contrarreloxo

A ciclista compostelá Alejandra Neira, nacida no barrio de Sar, proclamouse campioa mundial júnior en 2026 ao conseguir a medalla de ouro nas probas de ruta e contrarreloxo
A ciclista compostelá Alejandra Neira, nacida no barrio de Sar, proclamouse campioa mundial júnior en 2026 ao conseguir a medalla de ouro nas probas de ruta e contrarreloxo
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620v2
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que O Concello de Santiago celebrará o vindeiro martes, 3 de novembro, unha recepción oficial á compostelá Alejandra Neira, campioa mundial de ciclismo.

A rexedora resaltou que, aos seus 18 anos, Alejandra Neira é xa “unha muller que é un referente no mundo do ciclismo” e expresou o seu convencemento de que coas palabras que pronuncie neste acto de recoñecemento público será quen de “espertar vocacións de rapazas que se queira dedicar ao ciclismo e sobre todo de facer que o conxunto da poboación sinta que o deporte é moito máis relevante do que pensamos nas nosas vidas”.

Goretti Sanmartín reflexionou sobre a evolución social da práctica deportiva nos últimos anos, de manera que “hoxe hai unha cantidade de xente moi importante que quere facer deporte no día a día e moita xente que se quere dedicar a el profesionalmente”.

Neste contexto, destacou a importancia de que as mulleres teñan referentes, para que non deixen de practicar deporte e non deixen de competir se o desexan. “Xa os temos en moitos ámbitos, pero ter referentes no ámbito do ciclismo cunha rapaza nacida en Sar eu creo que é algo absolutamente fundamental”, sinalou a alcaldesa.

Alejandra Neira (Santiago de Compostela, 2008) gañou unha medalla de ouro no Campionato Mundial de Ciclismo en Ruta Júnior de 2026, na proba de ruta, e unha  medalla de ouro na proba contrarreloxo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620