Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago reúne arte, música e experimentación na segunda edición de Paisaxes Liminais

O programa desenvolverase ata o 24 de outubro en distintos espazos da cidade con concertos, performances, exposicións, obradoiros e conversas

Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, donde se celebrará la actividad
A segunda edición de Paisaxes Liminais desenvolverase entre o 3 e o 24 de outubro en espazos como Caramoniña, o Centro Xove, a Igrexa da Universidade e a Zona C
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Santiago acollerá desde mañá ata o 24 de outubro a segunda edición de Paisaxes Liminais, un programa de prácticas independentes que reúne artistas, investigadoras, editoras e proxectos de diferentes procedencias. 

Durante tres semanas, distintos espazos de Compostela serán escenario de concertos, performances, obradoiros, presentacións de libros, exposicións, proxeccións e conversas, nunha programación que conta coa colaboración da Concellaría de Xuventude. Todas as actividades serán de entrada libre e de balde.

Esta segunda edición comeza mañá, no xardín do CSC Maruxa e Coralia cunha inauguración a cargo do artista francés Clément Vercelletto e da iraní Elshan Ghasimi, e continuará ao longo do mes en espazos como Caramoniña, o Centro Xove, Igrexa da Universidade, a Zona C, El Muelle 1931 ou a Libraría Pedreira.

Concertos, performances e colaboracións

A música será unha das protagonistas da nova edición de Paisaxes Liminais, cunha programación que percorrerá diferentes espazos de Santiago e reunirá propostas de creación sonora, performance, experimentación musical e colaboración artística.

Tras a inauguración de mañá, o día 9, Richard Hronsky e Carme López presentarán o seu traballo en Caramoniña, espazo que volverá acoller música o 16 de outubro coa actuación de Lise Barkas e Andrés Rodríguez.

O Centro Xove da Almáciga será escenario doutras dúas citas. O 10 de outubro pasarán por alí Memotone e Karen Willems, mentres que o día 17 será a quenda de NAR e Elizabeth Vogler.

Pola súa banda, a Igrexa da Universidade acollerá o 15 de outubro a proposta de Inês Tartaruga Água e Xavier Paes, xunto a Territorial Gobbing. O 20 de outubro, Zona C recibirá o concerto de Sofi Naufal, que coincidirá coa exposición Arquivo Pintoresco.

A programación chegará tamén a El Muelle o 22 de outubro da man de Paisaxes Liminais x Radio Relativa, cunha tarde de concertos protagonizada por Tranquilli Per 5, Che Garrido, Ariel Ninas e Son Object.

O festival despedirase o 24 de outubro no Centro Xove da Almáciga cunha noite que reunirá as propostas de Freya & Kenichi, Sholto Dobie & Mo’ong Pribadi e Lukas De Clerck.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620