Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago reforzará a prevención da violencia de xénero entre a mocidade ante o aumento das consultas

A Mesa Local de coordinación constata un incremento do 26,97% das persoas atendidas polos servizos municipais de Igualdade desde 2023 e impulsará novas accións no ámbito educativo

A Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero reuniuse este xoves en Santiago para analizar a evolución da atención ás vítimas e acordar novas medidas de prevención
A Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero reuniuse este xoves en Santiago para analizar a evolución da atención ás vítimas e acordar novas medidas de prevención
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu este xoves a Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, na que tamén participaron representantes da Subdelegación do Goberno, entidades sociais, feministas, da avogacía, da Universidade, forzas de seguridade, profesionais dos servizos sociais, sanitarios e membros da corporación municipal co obxectivo de mellorar a atención ás vítimas e incrementar a prevención.

Na xuntanza analizáronse as cifras que manexan as distintas entidades a respecto da incidencia da violencia de xénero e que, en grandes liñas, indican tanto un incremento de denuncias policiais como de consultas no CIM durante o último período. Ante estes datos, a Mesa acordou reforzar a sensiblización entre a poboación máis nova e convocar os dous grupos de traballo, o de “prevención e educación en valores de Igualdade” e o de “coordinación das intervencións e seguimento de casos”.

O obxectivo é traballar activamente coa mocidade posto que, segundo a memoria do CIM de Santiago de Compostela, séguese detectando que as mulleres comprendidas na franxa de idade entre os 17 e os 25 anos son as que menos utilizan os recursos municipais. Mentres que na franxa de persoas maiores de 65 anos, que era a outra das franxas que menos se dirixían ao CIM en períodos anteriores, si se detectou un lixeiro incremento das consultas nos últimos meses.

No relativo á sensibilización entre a xente moza, acordouse intensificar as accións no marco do ámbito educativo, e realizar material de difusión específico para este segmento de idade.

Atendendo aos informes do CIM, desde o ano 2023 aumentou un 26.97% o número de persoas atendidas nos servizos municipais de Igualdade e a maior porcentaxe das persoas atendidas corresponde a mulleres entre 26 a 45 anos de idade, seguido das persoas entre 46 e 64 anos. En concreto, o 85,23% das persoas atendidas no último ano teñen entre 26 e 64 anos.

A maior parte da poboación atendida desde Igualdade-CIM, son mulleres con problemática de violencia de xénero por parte da parella ou ex-parella, mulleres que inician proceso de separación, divorcio ou trámite de garda e custodia, ou familias ou persoas que presentan dificultades nas súas relacións persoais e familiares. Ademais obsérvase que a violencia de xénero segue a ser o principal factor de risco que dificulta de maneira moi significativa o desenvolvemento persoal das mulleres atendidas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620