Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago homenaxea o xornalista Alfredo Vicenti cunha placa no lugar onde naceu

O acto celebrarase este sábado na rúa da Virxe da Cerca coa participación da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e representantes do xornalismo e do Ateneo

A placa que lembrará a Alfredo Vicenti instalarase no número 13 da rúa da Virxe da Cerca, no lugar que ocupaba a antiga rúa do Pincho da Cerca
A placa que lembrará a Alfredo Vicenti instalarase no número 13 da rúa da Virxe da Cerca, no lugar que ocupaba a antiga rúa do Pincho da Cerca
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santiago de Compostela organiza para este sábado 3 de outubro un acto de recoñecemento ao xornalista, escritor e político Alfredo Vicenti Rey (Santiago de Compostela,1850-Madrid, 1916).

O acto está aberto á asistencia de toda a veciñanza e dará comezo ás once da mañá no número 13 da rúa da Virxe da Cerca, onde se colocará unha placa sinalizando o seu lugar natal,  na antiga rúa do Pincho da Cerca.

Durante esta homenaxe tomarán  palabra a alcaldesa, Goretti Sanmartín; a presidenta da Asociación de Xornalistas de Santiago, Xulia Campo; e o presidente do Ateneo; Francisco Candela.

Alfredo Vicenti

Alfredo Vicenti dirixiu diarios como ‘La Ilustración Gallega y Asturiana’, ‘El Globo’ ou ‘El Liberal’. Foi fundador da Asociación da Prensa de Madrid e pioneiro en postular unha carreira profesional para os xornalistas.

Desde hai sete anos o Ateneo de Santiago mantén o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicente, orientado a premiar os mellores traballos de contido cívico-social.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620