Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago celebra os 150 anos do acordeón en Galicia cunha gala no Teatro Principal

A programación de aCentral Folque inclúe o 8 de outubro un espectáculo con cinco bloques musicais e un roteiro pola cidade histórica

A gala conmemorativa celebrarase o 8 de outubro ás 20.00 horas no Teatro Principal, precedida por un roteiro musical que partirá ás 19.15 horas da praza do Toural
A gala conmemorativa celebrarase o 8 de outubro ás 20.00 horas no Teatro Principal, precedida por un roteiro musical que partirá ás 19.15 horas da praza do Toural
Vito Natale
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi a produción de aCentral Folque “Acordeón. Música Completa. 150 anos despois”, que conmemora a chegada do acordeón a Galicia hai século e medio. Na presentación, a edil estivo acompañada polo director de aCentral Folque, Ramón Pinheiro, e os músicos Xan Pampín e Pedro Pascual, que participarán dentro da programación.

O proxecto propón recuperar e divulgar a historia dun instrumento que, desde aquela, constituíuse como un elemento fundamental en ámbitos moi diversos da cultura galega: desde a música tradicional e as festas e verbenas ata a emigración, a creación clásica contemporánea e o folk actual. A conmemoración lembra o 150 aniversario da chegada do construtor e intérprete xenovés Nicola de Bernardi, que se estableceu coa súa familia en Santiago de Compostela en 1876.

O eixo central da programación será unha gala conmemorativa no Teatro Principal de Santiago o 8 de outubro ás 20h, conducida polo músico e comunicador Xurxo Souto. O espectáculo estará estruturado en cinco grandes bloques que percorrerán diferentes momentos e dimensións da historia do acordeón en Galicia: os seus inicios no país, a revolución do acordeón diatónico, o papel do instrumento na verbena galega, a proxección internacional das novas intérpretes galegas no ámbito da música clásica e a presenza do acordeón no folk contemporáneo.

A gala reúne distintas xeracións e tradicións musicais. Entre as propostas figura “De Bernardi Session”, unha actuación extraordinaria que reunirá cinco dos máis destacados intérpretes actuais de acordeón diatónico, o instrumento da familia De Bernardi: Pedro Pascual, Carlos Quintá, Javier Álvarez, Alberte Núñez e Lucía Santiago.

A continuación chegará o momento de CODIA (Colectivo Diatónico Galego) con “A revolución do diato”, seguida de “Cucomanía”, unha proposta de Aníbal Asenjo, Cristina Asenjo, Ico e Pepe, músicos vinculados á tradición da Charanga do Cuco de Velle, lendaria agrupación de música popular ourensá. A acordeonista Helena Sousa Estévez achegará a continuación a dimensión da creación clásica contemporánea. Na súa intervención explorará as posibilidades tímbricas, sonoras e expresivas do acordeón dentro das linguaxes da creación contemporánea.

Pechará a gala o grupo compostelán Ailá, unha das formacións destacadas da actual escena folk galega. Nacido nas foliadas da Casa das Crechas, o grupo parte da música galega de transmisión oral para construír unha proposta aberta á incorporación de novos ritmos, sons e linguaxes.

Antes da gala, Xurxo Souto conducirá un roteiro musical polas rúas da cidade histórica de Santiago que servirá de preludio ao espectáculo. O pasarrúas partirá ás 19.15 h da Praza do Toural para chegar ao Teatro Principal. Un percorrido con paradas no local da tenda de acordeóns dos De Bernardi, a primeira de Galicia, e na desaparecida taberna O Pataca, un dos espazos lendarios dos cantos de taberna, guitarras e acordeóns da Compostela vella. A entrada é libre.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620