Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PSdeG esixe ao Concello que actúe ante o impago das nóminas do SAF

Marta Abal reclama medidas tras anunciar a concesionaria que non abonará os salarios de setembro

O Grupo Municipal Socialista reclama ao Goberno local que garanta o cumprimento das obrigas laborais e contractuais da empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar
O Grupo Municipal Socialista reclama ao Goberno local que garanta o cumprimento das obrigas laborais e contractuais da empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar
PSdeG
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal esixiu ao Goberno local que actúe de maneira inmediata ante a situación das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, despois de que a empresa concesionaria lles comunicase que non abonará as nóminas correspondentes ao mes de setembro, un novo impago que se suma ao da paga extraordinaria de xuño.

A concelleira trasladou o apoio do grupo municipal socialista ás profesionais e lembrou que “as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar realizan un labor imprescindible no coidado e atención de moitos dos nosos veciños e veciñas”, incidindo ademais en que se trata “dun sector altamente feminizado, que leva anos loitando polo recoñecemento do seu traballo e polos seus dereitos” e que agora ten que afrontar tamén o impago dos seus salarios.

Para Abal, que a concesionaria anuncie que non vai aboar as nóminas de setembro despois de deixar pendente a paga extra de xuño é “unha situación absolutamente inadmisible”, xa que “o pagamento dos salarios é un dereito que teñen as traballadoras e un incumprimento moi grave da empresa contratista”.

Ante esta situación, a concelleira reclamou unha resposta inmediata do executivo de Goretti Sanmartín e esixiu ao Goberno local que “actúe con dilixencia e empregue todas as vías administrativas e xudiciais ao seu alcance para facer cumprir o contrato e garantir o abono das cantidades pendentes”. Ao mesmo tempo, as e os socialistas reclaman á concesionaria “responsabilidade e cumprimento estrito das súas obrigas laborais e contractuais”.

Abal insistiu en que o conflito non pode acabar repercutindo nin nas profesionais nin nas persoas que dependen deste servizo, porque “a prestación dun servizo esencial debe facerse con todas as garantías, tanto para as persoas usuarias como para as profesionais que o fan posible cada día”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620