Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A música sae ás rúas de Santiago coa IV Andaina Musical da Escola Municipal de Música

A actividade celebrarase o 24 de outubro con actuacións en cinco espazos da cidade e estará aberta á participación de persoas de todas as idades

A preinscrición na Escola Municipal de Música poderá realizarse entre o 30 de abril e o 29 de maio de 2026
A IV Andaina Musical partirá ás 10.00 horas da sede da Escola Municipal de Música e rematará no mesmo punto arredor das 13.00 horas
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela celebrará o sábado 24 de outubro, a partir das 10.00 horas, a súa IV Andaina Musical, unha iniciativa que conxuga a actividade artística coa posta en valor do espazo urbano e o achegamento da cidadanía ao labor formativo e cultural desenvolvido ao longo do curso.

A actividade está dirixida á comunidade educativa da Escola Municipal de Música (EMM), así como ao conxunto da cidadanía, ofrecendo un percorrido polos espazos emblemáticos da cidade acompañados por diversas intervencións musicais protagonizadas polo alumnado e polas agrupacións da EMM.

O itinerario dará comezo na sede da Escola e incluirá paradas nos seguintes puntos: xardín da rúa García Sabell, xardín das Pedras que Falan, Alameda, Praza do Mazarelos e Praza de San Martiño Pinario.

Está previsto que a actividade remate de novo na EMM ao redor das 13.00 horas. Durante o traxecto, o público poderá gozar de diferentes actuacións musicais ao aire libre, convertendo os espazos da cidade en escenarios efémeros de convivencia e cultura.

A participación está aberta a persoas de todas ás idades, sendo requisito que os menores de 12 anos estean acompañados por unha persoa adulta responsable. As persoas interesadas poden anotarse na secretaría do centro ou a través deste formulario en liña.

A iniciativa está organizada pola Escola Municipal de Música EMM e o Departamento de Educación do Concello de Santiago. Con esta proposta, a Escola Municipal de Música reafirma o seu compromiso coa formación integral do alumnado, a dinamización cultural da cidade e a promoción da música como ferramenta de participación e cohesión social.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620