Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago celebrará unha noite solidaria para apoiar a investigación contra o cancro

A cita da Asociación Española Contra o Cancro será o 23 de outubro no Museo Centro Gaiás e os fondos financiarán investigación e servizos gratuítos para pacientes e familias

Museo
A ‘Noite solidaria contra o cancro’ terá lugar o 23 de outubro ás 21.00 horas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela celebrará o vindeiro 23 de outubro, ás 21.00 horas, a “Noite solidaria contra o cancro”, unha cita benéfica que terá lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e que busca mobilizar á sociedade compostelá en apoio á investigación oncolóxica e ás persoas afectadas polo cancro.

Organizada coa colaboración da Xunta de Galicia, a iniciativa reunirá a persoas, empresas e entidades comprometidas nunha experiencia solidaria na que a gastronomía será unha das grandes protagonistas da noite. Os asistentes poderán desfrutar dun amplo menú degustación elaborado con produtos galegos de calidade diferenciada, unha proposta que pon en valor os sabores da nosa terra mentres contribúe a loita contra o cancro.

A celebración coincide co mes de outubro, dedicado á sensibilización sobre o cancro de mama, e busca converterse nun punto de encontro para todas aquelas persoas que desexen contribuír ao avance da investigación, a prevención e a atención integral ás persoas con cancro e ao seu entorno.

Os fondos recadados destinaranse a reforzar os servizos gratuítos que a Asociación presta a pacientes e familiares, así como a seguir impulsando a investigación oncolóxica. Na provincia da Coruña, a entidade mantén actualmente activos 38 proxectos e axudas de investigación, cun investimento superior aos 5,3 millóns de euros, sendo Santiago un dos grandes referentes da investigación en cancro en Galicia.

As entradas teñen un prezo de 55 euros e poden adquirirse na sede da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela, así como nos establecementos colaboradores A Reixa Tenda, Matrioska (Rúa do Hórreo, 53) e Xoiería Jael (Rúa Xeneral Pardiñas, 7), e a través do dun formulario. Ademais, as persoas que non poidan asistir e desexen colaborar coa iniciativa poderán facelo mediante unha fila 0 solidaria, realizando a súa achega a través da conta habilitada.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620