Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Maker Faire Galicia reúne en Santiago talento galego en catro tecnoloxías estratéxicas

A Xornada da Industria, o 9 de outubro na Casa das Máquinas, estará centrada na neurotecnoloxía, a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e a computación cuántica

A Xornada da Industria da Maker Faire Galicia celebrarase o 9 de outubro na Casa das Máquinas de Santiago
A Xornada da Industria da Maker Faire Galicia celebrarase o 9 de outubro na Casa das Máquinas de Santiago
Santiago Turismo
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Maker Faire Galicia celebrará o próximo 9 de outubro a súa Xornada da Industria na Casa das Máquinas, cun programa que xirará arredor de catro tecnoloxías estratéxicas: a neurotecnoloxía, a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e a computación cuántica. Farao, ademais, cun cartel composto integramente por relatores e proxectos galegos, para poñer en valor o talento local espallado polo mundo.

No cartel deste ano, destacan nomes tanto no ámbito da investigación como do emprendemento como Elena Martínez, Beatriz Pelaz, Eva Somolinos, Daniel Seijo ou Gonzalo Blázquez, entre outros. 

Ademais disto, a xornada contará cunha selección dos mellores proxectos de todos os presentados ao “call for makers”, que compartirán coñecemento con todos os asistentes e participarán no xa tradicional pitch de proxectos. Ademais haberá unha mesa de talento emerxente, con investigadores e emprendedores que destacan por ir á vangarda no seu sector como María de la Fuente de Diversa, Guillermo Díaz do CESGA, Iria Ollero de Inmersiva e Pablo Cabanelas de Neutron Insights.

A sistencia ao evento é de balde ata completar aforo, pero é necesaria unha inscripción web na páxina oficial do evento. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620