Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

‘Encantos en Compostela’ leva a maxia aos barrios e parroquias de Santiago

O festival celebrarase do 2 ao 4 de outubro con obradoiros, espectáculos familiares, maxia de preto e actuacións en residencias de maiores

A terceira edición de ‘Encantos en Compostela’ desenvolverase do 2 ao 4 de outubro en distintos espazos de Santiago
A terceira edición de ‘Encantos en Compostela’ desenvolverase do 2 ao 4 de outubro en distintos espazos de Santiago
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Santiago volverá encherse de ilusión coa segunda edición do festival de maxia ‘Encantos en Compostela’, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro do 2026. O festival, que chega á súa terceira edición, busca ofrecer unha experiencia para todos os públicos, combinando entretemento, participación e sorpresa.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, animou a veciñanza a gozar desta proposta, acompañada por Óscar Fernández e Eloy Fernández, por parte da organización.

‘Encantos en Compostela’ é unha das propostas beneficiarias das axudas do Concello de Santiago para a realización de actividades culturais do sector profesional, coa finalidade de diversificar a programación da cidade e estimular o tecido cultural local.

O festival sae do centro histórico e espállase cara aos barrios e parroquias de Compostela para crecer en accesibilidade. E faino tamén en inclusión e solidariedade, con actuacións nas residencias de maiores para achegar ilusión a residentes e visitantes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620