Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Club de Debate Alingua abre a inscrición na busca do alumnado máis hábil coas palabras

O certame, dirixido a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, manterá aberto o prazo ata o 20 de novembro

recepcion Club de Debate ames
O IES do Milladoiro proclamouse vencedor da edición 2025/2026 do Club de Debate Alingua, celebrada no Auditorio de Bertamiráns
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Na procura do alumnado de secundaria e bacharelato máis hábil coas palabras comeza de xeito oficial a edición 2026/2027 do Club de Debate Alingua. Un certame que busca fomentar a oratoria, o pensamento crítico e o uso do galego entre a mocidade e que manterá aberto o período de inscricións ata o 20 de novembro. 

A iniciativa diríxese ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos. Os equipos estarán formados por grupos de entre 4 e 10 membros e contarán cun docente que se encarga de adestrar, asesorar e representar o equipo.

O Club de Debate Alingua mobilizou durante o pasado curso preto de medio milleiro de persoas, entre alumnado e docentes, deica o mes de abril, cando o IES do Milladoiro (Ames) resultou vencedor na igualadísima final celebrada no Auditorio de Bertamiráns, quedando en segundo lugar o IES Terra de Xallas de Santa Comba e no terceiro chanzo do podio os Filipenses de Vilagarcía de Arousa.

En xaneiro celebraranse as sesións formativas co alumnado inscrito, as fases previas terán lugar a finais de febreiro e a gran final será no mes de abril de 2027.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620