Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A XIV Marcha Unificada de Special Olympics Galicia chega a Santiago este sábado con 66 participantes

A proba percorrerá 16,1 quilómetros polas rúas da cidade e rematará na praza do Obradoiro arredor das 14.00 horas

A etapa compostelá da XIV Marcha Ciclista Unificada terá saída e chegada na praza do Obradoiro
A etapa compostelá da XIV Marcha Ciclista Unificada terá saída e chegada na praza do Obradoiro
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou este martes a XIV Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade de Special Olympics Galicia. A proba desenvolverase en catro etapas en diferentes puntos de Galicia. A etapa de Santiago celebrarase este sábado 3 de outubro, cun percorrido polas rúas compostelás que se pechará na praza do Obradoiro sobre as 14.00 horas.

A Marcha Ciclista Unificada chegará a localidades das catro provincias galegas, comezando o 1 de outubro coa primeira etapa pola localidade lucense de Monforte de Lemos (17 km). Continuará ao día seguinte, o 2 de outubro, entre os concello de Ourense, San Cibrao das Viñas e Barbadás (20,4 km), o 3 de outubro percorrerá as rúas de Santigo de Compostela (16,1 km) e rematará o día 4 de outubro en Vilagarcía de Arousa (14,6 km).

A ruta do sábado en Santiago terá un percorrido circular dende a praza do Obradoiro, con saída ás 11.30 horas, e contará coa participación de 66 persoas.

Na rolda de prensa de presentación, celebrada no Pazo de Raxoi, participaron tamén o xerente de Aspas, Antonio Javier García, o secretario xeral para o Deporte, Roberto García, o deportista de Aspas José Antonio Balado, a deputada provincial de Política Social, Mar García, e o presidente de Special Olympics, Eladio Fernández.

Roberto García valorou que con iniciativas coma esta o deporte derruba barreiras sociais, mellora o benestar e favorece a autoconfianza da persoa.

Antonio Javier García agradeceu ao Concello e ao resto de administracións públicas o seu apoio en colaboración co terceiro sector.

Pola súa parte, José Antonio Balado expresou o seu desexo de que este sábado a xente de Compostela vaia ver a proba.

Mar García puxo o foco na importancia do deporte inclusivo, dende o impulso da colaboración institucional, e parabenizou ao presidente de Special Olympics polo seu labor cos usuarios e usuarias para lograr que a inclusión sexa efectiva.

Finalmente, Eladio Fernández reivindicou o deporte como vía para estimular a actividade das persoas con discapacidade e de demostrarlle á sociedade que tamén son capaces. Así mesmo, agradeceu ao Concello o apoio prestado a Special Olympics ano tras ano e celebrou que esta iniciativa deportiva e social se consolide.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620