Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago homenaxea a Luz Fandiño cunha peza escultórica no Sar

O acto institucional celebrarase este xoves na praciña que leva o nome da poeta, con intervencións de persoas vinculadas á súa traxectoria activista e feminista

O Concello de Santiago celebrará este xoves un acto institucional de recoñecemento a Luz Fandiño no barrio do Sar
O Concello de Santiago celebrará este xoves un acto institucional de recoñecemento a Luz Fandiño no barrio do Sar
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santiago celebra este xoves no barrio de Sar un acto institucional de recoñecemento a Luz Fandiño aberto á asistencia de toda a veciñanza.

Será o xoves 1 de outubro, ás 19.30 horas, na praciña que leva o nome de Luz Fandiño, onde se colocará unha peza escultórica no barrio no que naceu e do que foi veciña durante boa parte da súa vida.

A peza foi realizada polo escultor Pablo Barreiro, que tamén é veciño do barrio, e o acto contará con intervencións da alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, en representación do Concello e tamén doutras persoas que formaron parte da vida e do ámbito activista e feminista da poeta, como a regueifeira Alba María, a poeta Andrea Nunes e Sonia Méndez e Nati Juncal, directora e a produtora da longametraxe documental ‘A poeta analfabeta’.

O acto estará aberto á veciñanza, que está convidada a asistir e recoñecer a traxectoria dunha muller que, alén de ser unha poeta cunha traxectoria singular e autodidacta, foi un referente de loita persoal e colectiva, converténdose nunha figura habitual na defensa das causas xustas, como o feminismo, o ecoloxismo ou a lingua.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620