Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Real Filharmonía de Galicia inaugura en Santiago a súa nova tempada

A orquestra ofrecerá este xoves no Auditorio de Galicia o primeiro concerto de 'Memoria', con obras de Berio e Mahler e a participación da mezzosoprano Katrin Wundsam

A Real Filharmonía de Galicia actuará o mércores 22 de xullo na Praza da Quintana nun concerto gratuíto das Festas do Apóstolo
A Real Filharmonía de Galicia inicia esta semana a súa nova temporada de concertos no Auditorio de Galicia
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Real Filharmonía de Galicia dá comezo esta semana á súa nova temporada, “Memoria”, cun concerto homónimo que propón un diálogo entre diferentes épocas, culturas e formas de entender a música. Baixo a batuta do seu director titular e artístico, Baldur Brönnimann, a orquestra inaugura a programación cun espectáculo protagonizado por dúas obras fundamentais do século XX: 'Folk Songs', de Luciano Berio, e a 'Sinfonía núm. 4' de Gustav Mahler, coa participación da mezzosoprano austríaca Katrin Wundsam.

O primeiro concerto da temporada terá lugar o xoves 1 de outubro, ás 20.00 h, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, e repetirase o venres 2 de outubro, tamén ás 20.00 h, no Auditorio de Ferrol.

Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual. Ao longo da tempada, a Real Filharmonía explorará a memoria como legado, homenaxe, inspiración e tamén como materia viva capaz de xerar novas formas de expresión artística. A nova programación, deseñada por Baldur Brönnimann na súa cuarta tempada como director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia, propón un diálogo constante entre o gran repertorio e a creación contemporánea, entre a tradición e a innovación.

Un novo horario para gozar da música

Unha das novidades desta temporada da Real Filharmonía de Galicia é o novo horario dos seus concertos, que comezarán ás 20.00 horas, adiantando así o inicio das actuacións con respecto a programacións anteriores.

En Santiago continuarase nesta nova temporada coa actividade ‘Conversando con…’, un espazo que permite ao público achegarse aos protagonistas dos concertos e coñecer de primeira man as claves das obras que se interpretarán.

Nesta ocasión, a conversa terá lugar ás 19.15 h, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, nun encontro distendido e próximo no que os protagonistas do programa intercambiarán ideas co público e compartirán as súas visións sobre a música que se escoitará a continuación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620