Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Galia Tech mostra en Santiago casos reais do avance da intelixencia artificial nas empresas galegas

A segunda edición do encontro organizado por DATAlife puxo o foco na aplicación da IA e na súa chegada ás pemes

A segunda edición de GALIA TECH celebrouse en Santiago con participación de representantes do ámbito empresarial, científico e tecnolóxico
A segunda edición de GALIA TECH celebrouse en Santiago con participación de representantes do ámbito empresarial, científico e tecnolóxico
Xunta
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A segunda edición de GALIA TECH, organizada por DATAlife, reuniu estes días en Santiago representantes do ámbito empresarial, científico e tecnolóxico para analizar a aplicación da intelixencia artificial no tecido produtivo galego. O encontro deste ano pon o foco en experiencias e casos reais de uso da IA, fronte á primeira edición, máis centrada nas oportunidades que ofrece esta tecnoloxía.

Na apertura do encontro participou a directora do Igape, Covadonga Toca, quen destacou que a intelixencia artificial xa se está incorporando ás empresas galegas e está a contribuír á transformación dos seus procesos e actividades.

Toca sinalou que Galicia conta con empresas que están incorporando novas tecnoloxías, universidades e centros de investigación que as desenvolven e startups especializadas en solucións avanzadas. Neste contexto, apuntou que o reto pasa agora por conseguir que ese coñecemento e esas ferramentas cheguen a un número maior de empresas e se convertan en actividade económica, competitividade e emprego.

A directora do Igape defendeu así a necesidade de “industrializar a innovación”, levando o coñecemento e a tecnoloxía ás fábricas e ás pequenas e medianas empresas. Entre os obxectivos citou a transformación de procesos, o desenvolvemento de novos produtos e a apertura de oportunidades de negocio, así como o crecemento das propias empresas innovadoras galegas.

Ciencia, tecnoloxía e empresa

GALIA TECH funciona como punto de encontro entre empresas, centros de coñecemento e entidades tecnolóxicas, cunha especial atención ás posibilidades que a intelixencia artificial ofrece ás pemes.

Durante a apertura, Toca puxo en valor precisamente a colaboración entre o Igape e DATAlife e a importancia de facilitar ás empresas o acceso a solucións tecnolóxicas que poidan ter unha aplicación práctica na súa actividade.

Na presentación tamén participaron representantes das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, da Axencia Galega de Innovación, do CSIC e da Real Sociedad Española de Química.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620