Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Real Filharmonía e a Banda Municipal volverán converter o Auditorio de Galicia nun laboratorio para estudar a resposta á música

O concerto de Sensoxenoma, o 25 de setembro, contará con 200 asistentes que participarán como doantes para analizar os efectos dos estímulos sonoros no organismo

Douscentos asistentes participarán no concerto de Sensoxenoma como doantes con mostras de sangue, saliva e bágoas para o estudo científico
Douscentos asistentes participarán no concerto de Sensoxenoma como doantes con mostras de sangue, saliva e bágoas para o estudo científico
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela volverán compartir escenario o próximo 25 de setembro, ás 19.30 horas, no Auditorio de Galicia, para celebrar o quinto aniversario de Sensoxenoma, o proxecto pioneiro desenvolvido polos grupos GenPoB e GenVip do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que investiga como responde o organismo humano aos estímulos musicais.

Os detalles desta nova edición e os principais resultados acadados polo proxecto nos seus cinco anos de traxectoria presentáronse este xoves nunha rolda de prensa celebrada no IDIS que contou coa intervención da concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Míriam Louzao. No encontro, conducido pola  coordinadora de Sensoxenoma, Laura Navarro Ramón, participaron tamén Antonio Salas Ellacuriaga, investigador principal de GenPoB; Federico Martinón-Torres, investigador principal de GenVip; Mª Luz Couce Pico, directora científica do IDIS; Ángel Facio Villanueva, xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, e Sabela García Conde, directora técnica da Real Filharmonía de Galicia; e Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural. 

Baixo a dirección de Roberto Baltar, o concerto reunirá as dúas principais formacións musicais públicas da cidade e contará tamén coa participación de Martín Llade, musicólogo, escritor e xornalista, presentador de 'Sinfonía de la Mañana' en Radio Clásica e Premio Ondas 2026. Como vén sendo habitual en Sensoxenoma, o programa musical manterase como sorpresa, precisamente para garantir as condicións do experimento e estudar a resposta do público ante os diferentes estímulos sonoros.

O Auditorio de Galicia volverá converterse para a ocasión nun gran laboratorio cidadán, no que a experiencia musical e a investigación científica acontecerán de maneira simultánea. Douscentos asistentes participarán como doantes, coa colaboración de doce asociacións de pacientes e das persoas voluntarias inscritas no proxecto. Recolleranse mostras de sangue, saliva e bágoas e estudarase tamén en tempo real a resposta emocional e psicofisiolóxica do público durante o concerto.

Invitacións gratuítas desde o 15 de setembro

As invitacións gratuítas para asistir ao concerto poderán retirarse desde o 15 de setembro a través da web de Compostela Cultura e no despacho de billetes da Zona C. No caso de quedaren localidades dispoñibles o propio día do concerto, poderán retirarse tamén no Auditorio de Galicia desde as 18.30 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620