Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As Fontiñas terá unha nova cuberta no parque infantil da rúa de Berna por 174.000 euros

A actuación, incluída nos Orzamentos Participativos, terá un prazo de execución de cinco meses e permitirá utilizar o espazo con independencia das condicións meteorolóxicas

A cuberta deberá protexer da chuvia os elementos de xogo e estar preparada para resistir a radiación solar, a humidade e os refachos de vento
A cuberta deberá protexer da chuvia os elementos de xogo e estar preparada para resistir a radiación solar, a humidade e os refachos de vento
Google Earth
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns a subministración e instalación dunha cuberta téxtil no parque infantil situado na confluencia da rúa de Berna coa rúa de Lisboa, nas Fontiñas, á empresa Arquitectura Textil SL por un importe de 174.143,20 euros dentro dos Orzamentos Participativos, cun prazo de execución de cinco meses.

Esta adxudicación corresponde ao do Lote 1 do contrato mixto de subministración e instalación de cubertas téxtiles nos parques infantís rúa de Berna e Praza da Constitución, que foi licitado o pasado 13 de abril por 397.407,87 euros. O contrato do Lote 2 foi declarado deserto ao non presentar oferta ningún licitador.

A instalación da cuberta no parque das Fontiñas supón o cumprimento dun compromiso do goberno municipal e a realización dun proxecto moi demandando que permitirá habilitar un uso máis amplo do parque nos momentos en que o clima o dificulta.

O prego técnico require fornecer e instalar cubertas de estrutura metálica e formadas por unha membrana de alta resistencia en tecido de poliéster con recubrimento de PVC por ambas as dúas caras en cor branca translucida, cunha garantía para dez anos, ademais do seu mantemento preventivo e correctivo. Os materiais terán que ser eficaces fronte á incidencia da radiación solar, impermeables, resistentes aos refachos de vento, lixeiros e ignífugos.

O parque infantil da rúa de Berna ten unha superficie total de 500 m2, cunha lonxitude máxima de 30 metros e unha anchura de 20 metros e con vexetación na contorna. A cuberta deberá harmonizarse con esta vexetación e, polo tanto, poderá cubrir total ou só parcialmente a superficie do parque pero garantindo que protexe da chuvia todos os elementos de xogo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620