Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago lembrará os 90 anos do asasinato de Ánxel Casal cun acto en Raxoi

O acto, que terá lugar o 19 de agosto, lembrará tamén a figura do ilustrador Camilo Díaz Baliño e contará coa intervención do deseñador Pepe Barro

A estatua de Ánxel Casal en Compostela
Archivo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Santiago celebrará o vindeiro 19 de agosto, coincidindo co 90 aniversario do asasinato do alcalde republicano Ánxel Casal, un acto institucional no Pazo de Raxoi para lembrar a súa figura e a doutras persoas represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura franquista.

A cita terá lugar ás 12.00 horas e estará encabezada pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. Tamén contará coa participación de representantes dos concellos de Teo e Arzúa, tres localidades vinculadas aos últimos momentos da vida de Casal, así como de persoas e entidades relacionadas coa memoria histórica.

O acto prestará especial atención á relación entre Ánxel Casal e Camilo Díaz Baliño, ilustrador e delineante do Concello de Santiago, que foi asasinado cinco días antes que o alcalde republicano. Ambos compartiron os seus últimos días de vida presos na Falcona, o cárcere que o franquismo instalou nos baixos do Pazo de Raxoi.

A relación entre Casal e Díaz Baliño, tanto no ámbito persoal como político e artístico, será tamén o eixo da intervención do deseñador Pepe Barro, que abordará a importancia de ambos no desenvolvemento cultural e político de Galicia durante as primeiras décadas do século XX.

Ánxel Casal, alcalde e referente do galeguismo

Ánxel Casal era o alcalde de Santiago de Compostela en 1936 e desenvolveu tamén unha importante actividade política e cultural. Foi vicepresidente da Deputación da Coruña, membro do Partido Galeguista e das Irmandades da Fala e participou no impulso do Estatuto de Autonomía de 1936.

A súa traxectoria estivo estreitamente ligada á cultura galega, especialmente a través do seu labor como impresor e editor e do seu compromiso coa normalización da lingua. Xunto coa súa muller, María Miramontes, participou en diversos proxectos de relevancia para Santiago e para o conxunto de Galicia.

Con este acto, institucionalizado polo Concello de Santiago en 2023, a cidade volverá reivindicar a memoria de Ánxel Casal e Camilo Díaz Baliño e homenaxeará tamén a todas as persoas represaliadas por defender a liberdade, a democracia e os dereitos colectivos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620