Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Salgueiriños acollerá a primeira Romaría Picheleira o 5 de setembro

A cita, organizada pola Comisión de Festas Compostela, combinará gastronomía, música, artesanía e actividades durante toda a xornada

Screenshot
Adrián Mallo, que forma parte de la organización, con el cartel del evento
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Santiago de Compostela contará este ano cunha nova cita no seu calendario festivo. A Explanada de Salgueiriños acollerá o sábado 5 de setembro a primeira Romaría Picheleira, organizada pola Comisión de Festas Compostela, nunha xornada que busca recuperar o espírito das tradicionais romarías galegas.

A programación comezará ás 12.00 horas e combinará gastronomía, música, mercadiño, artesanía e animación. A proposta está pensada para prolongarse durante todo o día e reunir familias, amigos e veciñanza arredor dunha comida de romaría.

O xantar comezará ás 14.30 horas e contará con empanada, polbo á feira, churrasco mixto, criollo, chourizo vermello, ensalada, patacas e larpeira, ademais de viño, refrescos, café e chupitos. A organización anuncia comida a fartar durante o xantar.

Música e actividades durante todo o día

A xornada contará tamén coas actuacións de Trío Reynamar e da Discomóvil Chocolate, que se encargará de poñer música e baile durante a tarde. Desde o mediodía haberá ademais un mercadiño e postos de artesanía.

A organización pretende que a primeira edición da Romaría Picheleira sirva como punto de partida dunha nova cita festiva en Compostela.

A Comisión de Festas Compostela sinala que a iniciativa nace coa intención de recuperar o costume de pasar o día de romaría, compartir mesa e desfrutar da música e do ambiente festivo.

Venda de entradas

As entradas para a Romaría Picheleira poderán adquirirse de forma presencial os días 18, 22, 25 e 29 de agosto. A venda realizarase de 10.00 a 14.00 horas na Praza de Abastos e de 17.00 a 20.00 horas na Carreira do Conde.

Tamén se poderán comprar a través de internet, na plataforma Entradas.com.

Os prezos son de 40 euros para adultos, 20 euros para nenos de 5 a 12 anos e gratuítos para os menores de cinco anos.

A organización manterá a venda ata o 1 de setembro ou ata completar o aforo previsto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620