Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PSdeG pide á Xunta e ao Concello que desbloqueen a ampliación do Ceip Quiroga Palacios

Guinarte reclama diálogo entre ambas administracións e advirte de que a comunidade educativa leva anos agardando por unha solución

El concejal socialista, Gumersindo Guinarte
El concejal socialista, Gumersindo Guinarte
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O voceiro do grupo municipal socialista de Santiago, Gumersindo Guinarte, reclamou este mércores á Xunta de Galicia e ao Concello que abandonen o cruzamento de reproches sobre a ampliación do Ceip Quiroga Palacios e se senten a dialogar para desbloquear un proxecto que, segundo lembrou, a comunidade educativa leva anos reclamando.

Guinarte lamentou que "estes días estamos a asistir a un cruzamento de acusacións" entre ambas administracións mentres "a realidade é que a comunidade educativa continúa agardando por unha solución". Neste sentido, lembrou que o centro segue sen infraestruturas como un patio semicuberto para Primaria, un ximnasio, unha aula de usos múltiples ou espazos adecuados para o apoio ao alumnado con necesidades especiais.

O voceiro socialista advertiu de que "esta dinámica de reproches públicos non resolve nada" e insistiu en que o debate non debe centrarse en "quen ten a culpa ou quen ten máis culpa", senón en ofrecer unha resposta ás familias. Por iso, reclamou que Xunta e Concello "falen directamente, aclaren as súas discrepancias e desbloqueen canto antes" a ampliación.

Así mesmo, esixiu "responsabilidade, diálogo institucional e vontade real de acordo" para resolver un problema que, ao seu xuízo, leva demasiado tempo sen resposta.

Finalmente, Guinarte trasladou a solidariedade do grupo municipal socialista coa comunidade educativa e reiterou o seu apoio ás reivindicacións das familias, do alumnado e do profesorado, ao considerar que son demandas que "xa non poden esperar máis".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620