Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago aumenta ata os 140.000 euros as axudas para empresas de economía social

O Concello incrementa en 25.000 euros a convocatoria deste ano, que prevé subvencións de ata 5.000 euros por entidade para impulsar cooperativas, sociedades laborais e centros especiais de emprego

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, presentou a nova convocatoria de axudas á economía social, dotada cun orzamento de 140.000 euros
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, presentou a nova convocatoria de axudas á economía social, dotada cun orzamento de 140.000 euros
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases e a convocatoria de axudas destinadas a apoiar ás empresas de economía social de Santiago. A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destina a estas subvencións un orzamento total de 140.000 euros, 25.000 euros máis que o ano pasado. A concelleira María Rozas explicou que este incremento “responde á demanda dos grupos de traballo constituídos para abordar a elaboración do Plan de Acción da Economía Social”.

A tenenta de alcaldesa explicou que as axudas ás empresas de economía social pretenden contribuir “á consolidación e desenvolvemento do ecosistema da economía social en Santiago, un piar fundamental da economía compostelá que, ademais, promove valores de cooperación, solidariedade, inclusión social e igualdade”.

Ás axudas poden optar pequenas e medianas empresas con forma xurídica de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, que teñan a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no concello de Santiago. As candidatas presentarán unha memoria que acredite o triplo impacto económico, social e ambiental da empresa, e valorarase especialmente que a maioría do capital social ou das persoas traballadoras sexan mulleres; a presenza no persoal da empresa de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social; o uso do galego nas actividades da empresa; a súa internacionalización, e que se trate de empresas incluídas nos sectores agroalimentario, xardinería ou no sector servizos.

O orzamento da convocatoria sobe dos 115.000 euros do ano pasado ata os 140.000 euros previstos este ano. As axudas serán dunha contía máxima de 5.000 euros por entidade beneficiaria.

O prazo xeral de presentación de solicitudes e xustificación comenzará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 1 de outubro de 2026. O procedemento resolverase antes do 10 de novembro de 2026.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620