Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago inicia as obras dun paso elevado na rúa das Rodas para reforzar a seguridade peonil

A actuación, cun investimento de máis de 63.000 euros, busca protexer especialmente o acceso á escola infantil da zona e mellorar a conexión peonil coa Cidade Histórica

Os traballos para construír o novo paso elevado na rúa das Rodas comezaron este martes e obrigarán ao corte total da vía durante a primeira fase da actuación
Os traballos para construír o novo paso elevado na rúa das Rodas comezaron este martes e obrigarán ao corte total da vía durante a primeira fase da actuación
Google Earth
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santiago iniciou este martes as obras de construción dun paso elevado na rúa das Rodas, co obxectivo de mellorar a seguridade peonil e, en especial, a das crianzas que acoden á escola infantil que existe nese punto.

A obra foi adxudicada por 63.340 euros, cun prazo de execución de tres meses. O corte total da rúa durará ata que se rematen os traballos da primeira fase. 

O punto en que se implanta esta plataforma é un punto importante de acceso á Cidade Histórica, que formaba parte do antigo foxo da muralla, e de conexión da améndoa cos barrios adxacentes, espazos verdes e equipamentos importantes.

Dada a importancia dos pavimentos pétreos, que forman parte da identidade do centro de Santiago de Compostela e do Camiño de Santiago, executarase unha plataforma continua que iguale a cota en ambas as beirarrúas, como unha prolongación do característico pavimento e tamén da preferencia peonil. Colocarase tamén a drenaxe necesaria para a correcta evacuación da auga e incorporarase verde urbano e pequenos espazos de estancia para mellorar a calidade do espazo.

Hoxe comezaron as actuacións previas, de demolición dos pavimentos existentes, despois do corte de tráfico e o acopio de materiais que tivo lugar onte, data efectiva do inicio da obra. Nas próximas semanas continuarase coa execución da base nos novos pavimentos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620