Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Pazo de San Lourenzo ábrese ao público con dous días de cultura, patrimonio e artesanía en Santiago

Sabor a Novo ofrecerá o 19 e 20 de xullo visitas teatralizadas, obradoiros, gastronomía, música, feira de creadoras e creadores galegos e actividades gratuítas para todos os públicos

A presentación de Sabor a Novo avanzou a programación da iniciativa, que converterá o Pazo de San Lourenzo nun espazo aberto á cidadanía e aos visitantes
A presentación de Sabor a Novo avanzou a programación da iniciativa, que converterá o Pazo de San Lourenzo nun espazo aberto á cidadanía e aos visitantes
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Pazo de San Lourenzo acollerá os días 19 e 20 de xullo unha fin de semana de actividades gratuítas con visitas teatralizadas, artesanía, gastronomía, música, obradoiros e xogos. A iniciativa, impulsada por Correvaidille e patrocinada polo Concello de Santiago a través das áreas de Promoción Económica e Turismo coa recadación da taxa turística, busca dar a coñecer o Pazo de San Lourenzo e poñer en valor a creatividade galega.

A concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Míriam Louzao, presentou este venres unha nova edición de Sabor a Novo, acompañada pola responsable de eventos do Pazo de San Lourenzo, Tamara Iglesias, e pola directora da iniciativa, Mónica Mejías. O evento desenvolverase durante dúas xornadas, de 11.00 a 21.00 horas, cun amplo programa de acceso libre pensado para veciñanza e visitantes.

Louzao destacou que a proposta permitirá descubrir "outro Santiago, máis alá da améndoa histórica", ao tempo que combina patrimonio, gastronomía, comercio, cultura e talento local nun escenario singular como o Pazo de San Lourenzo. A edil tamén enmarcou esta actividade na estratexia municipal para reforzar a oferta turística durante o mes de xullo, un período no que, segundo indicou, o sector rexistra unha menor actividade respecto a outros momentos do verán.

Pola súa banda, Tamara Iglesias puxo en valor a oportunidade que supón abrir ao público un espazo histórico declarado Ben de Interese Cultural e Patrimonio Artístico Nacional. Durante a fin de semana será posible percorrer os seus xardíns, claustro, igrexa e salóns, ademais de coñecer a proposta gastronómica preparada especificamente para a ocasión.

A directora de Sabor a Novo, Mónica Mejías, definiu o evento como "unha festa de integración entre a poboación local e os visitantes" e explicou que o público poderá coñecer o pazo tanto por libre como mediante visitas guiadas. Como novidade, habilitarase un pequeno tren turístico con percorridos circulares entre o centro de Santiago e San Lourenzo para facilitar o acceso ao recinto durante toda a fin de semana. Historia, artesanía e cultura galega

O programa combinará actividades divulgativas e de lecer arredor da historia do pazo e da cultura tradicional galega. Entre elas destacan as visitas teatralizadas protagonizadas polo guía Suso Martínez no papel do Conde de Altamira e os encontros con personaxes históricos vinculados ao edificio, como Rosalía de Castro ou membros da Orde Franciscana, interpretados pola compañía Os Quinquilláns.

A programación inclúe tamén obradoiros de cultura tradicional impartidos por Montse Rivera, Belém Tajes, Mercedes Prieto e Ramón Dopico, ademais dunha feira de artesanía, creación contemporánea e produtos agroalimentarios galegos. A organización mantén aberto o prazo para que artesáns, comerciantes, artistas e produtores interesados poidan sumarse ao evento.

Os máis pequenos contarán cun barco de madeira como atracción infantil, xogos de enxeño e un percorrido de pistas e enigmas que permitirá descubrir a historia dun espazo polo que pasaron figuras como Rosalía de Castro, o emperador Carlos I ou o bispo Martín Arias.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620