Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PP denuncia o incumprimento dos acordos do Pleno e reclama actuacións urxentes na Cruxeira

Os populares aseguran que seis meses despois da aprobación dunha moción apenas se executaron as medidas previstas para mellorar a zona

20260709 FOTOS CRUXEIRA (5)
O PP reclama ao executivo municipal que execute as actuacións aprobadas polo Pleno
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Partido Popular de Santiago denunciou este xoves o que considera un incumprimento por parte do Goberno local dos acordos aprobados polo Pleno para mellorar a contorna da Cruxeira. Segundo o concelleiro José Ramón de la Fuente, seis meses despois da aprobación dunha moción presentada polos populares "practicamente non se executou ningunha das actuacións comprometidas".

Entre as deficiencias sinaladas, o PP apunta ao estado do Camiño da Aldea, que asegura permanece invadido pola maleza, aos desbroces "insuficientes" e á situación dos viarios, onde critica que a extensión de grava nalgúns tramos non solucionou os problemas e mesmo incrementou o risco para os usuarios.

Os populares tamén alertan do aumento do tránsito de camións pesados pola zona debido aos traballos forestais, unha situación que, segundo afirman, está a provocar máis ruído, po e un maior deterioro das pistas.

Ante esta situación, o PP reclama ao executivo municipal que execute as actuacións aprobadas polo Pleno, complete os traballos de limpeza e mellore os viarios da zona, ao considerar que a Cruxeira continúa sendo "unha das grandes esquecidas" do rural compostelán.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620