Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As asociacións veciñais elixen os seus representantes no novo Foro de Turismo Sustentable de Santiago

O Consello de Relacións Veciñais designa seis vogais e catro suplentes que formarán parte do novo órgano de participación impulsado polo Concello para avanzar nun modelo de gobernanza turística

O Consello de Relacións Veciñais escolleu as persoas representantes das asociacións veciñais que integrarán o Pleno do Foro de Turismo Sustentable de Santiago
O Consello de Relacións Veciñais escolleu as persoas representantes das asociacións veciñais que integrarán o Pleno do Foro de Turismo Sustentable de Santiago
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Consello de Relacións Veciñais, presidido pola alcaldesa Goretti Sanmartín, mantivo na tarde de onte unha xuntanza extraordinaria para elixir, como único punto na orde do día, as seis persoas que formarán parte do Foro de Turismo Sustentable.

Cabe lembrar que o regulamento deste órgano establece, no seu artigo 7, a relación de integrantes que forman parte do Pleno, establecendo que en representación das asociacións veciñais deben incluírse seis persoas elixidas polo Consello de Relacións Veciñais de entre todas as inscritas no Rexistro municipal de asociacións e que, mínimo dúas delas, deben ser representantes do ámbito do Plan especial.

Así, Mercedes Váquez Bartomeu da Asociación A Xuntanza, e Roberto Almuíña Díaz da Asociación Fonseca, corresponden ao ámbito do Plan especial, mentres que Jesús Gato Neiro da Asociación da Rocha Vella Serafín Zas, María Domínguez Baños da Asociación de Angrois, Francisco Javier Goyanes da Asociación Nosa Señora de Belén (Santa Cristina de Fecha) e Isolina Pombo Gómez da Asociación Ponte Sionlla corresponden ao resto do territorio do Concello.

Como suplentes foron elixidas Patricia Quintas Fernández da Asociación Raigame, Encarna Otero Cepeda da Plataforma de Galeras, Antonio R. Fernández González da Asociación Camiño de Santiago (Bando) e Juan Alberto Turnes Abelenda da Asociación Domingo Cepeda do Eixo.

O Foro de Turismo Sustentable é un órgano de nova creación que forma parte dun novo modelo de gobernanza en materia de Turismo, dando cabida á participación cidadá, tanto de representantes de asociacións veciñais como doutras entidades sectoriais relacionadas co turismo, o comercio ou o transporte colectivo.

O departamento de Turismo convocará a primeira reunión do Foro de Turismo Sustentable nas vindeiras semanas, en canto as entidades dos diferentes ámbitos rematen os seus procesos internos para a designación formal de representantes para formar porte deste órgano.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620