Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Walking the Talk for Dementia reuniu un cento de participantes de 35 países na súa nova edición

A USC participou na organización da iniciativa, que reuniu en Santiago a preto de cen persoas de distintos lugares para promover a inclusión, investigación e sensibilización 

A Universidade de Santiago colaborou na organización do encontro internacional Walking the Talk for Dementia
A Universidade de Santiago colaborou na organización do encontro internacional Walking the Talk for Dementia
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Universidade de Santiago de Compostela participou un ano máis de xeito activo no Walking the Talk for Dementia (WTD), celebrado do 28 de xuño ao 4 de xullo e que reuniu preto de 100 participantes procedentes de 35 países.

O WTD busca contribuír a rachar co estigma arredor da enfermidade de Alzheimer e doutras demencias neurodexenerativas a través de camiñadas abertas a persoas con demencia, persoas coidadoras, investigadoras, profesionais da saúde, artistas e veciñanza. Estas actividades permiten compartir experiencias, favorecer o diálogo e promover a inclusión, impulsando comunidades máis informadas e comprometidas coa saúde cerebral. Unha vez rematado o Camiño, tivo lugar un simposio internacional que este ano abordou, entre outros temas, a educación en demencias nos distintos niveis educativos, os novos retos do diagnóstico temperán e a transferencia do coñecemento científico á comunidade.

Na organización do evento participaron os investigadores do Instituto de Psicoloxía (IPsiUS) David Facal e Alba Felpete. No acto institucional de benvida interviñeron tamén María Castro Corredoira, adxunta á Vicerreitoría de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar, e Arturo Xosé Pereiro, decano da Facultade de Psicoloxía.

No simposio internacional, ao que asistiron investigadores e investigadoras da USC e do IDIS, a investigadora do IPsiUS Sonali Arora presentou o Compostela Ageing Study (CompAS), un estudo lonxitudinal prospectivo desenvolvido polo Grupo de Neurociencia Cognitiva Aplicada e Psicoxerontoloxía (NeuCogA-Aging [GI-1807-USC]), Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia.

Por terceiro ano consecutivo, un grupo de persoas voluntarias coordinado polo SEPIU realizou tarefas de apoio durante o Camiño e o simposio, imprescindibles para facilitar a participación en igualdade de condicións das persoas con demencia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620