Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PP acusa ao goberno local de "pasividade" ante a falta de limpeza en Santiago

Os populares critican o estado das rúas e denuncian unha aplicación "selectiva" da ordenanza sobre a colocación de carteis

El concejal popular, Adrián Villa
El concejal popular, Adrián Villa
PP de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Partido Popular de Santiago criticou este mércores a xestión do servizo de limpeza por parte do goberno municipal de BNG e Compostela Aberta, ao que acusa de manter unha "absoluta pasividade" ante o que considera un deterioro progresivo do estado das rúas da cidade.

O concelleiro Adrián Villa asegurou que Santiago presenta unha "imaxe de abandono", con colectores desbordados, acumulación de lixo, fallos na recollida de residuos e unha limpeza insuficiente de beirarrúas e espazos públicos. Na súa opinión, esta situación resulta incompatible co custo do actual contrato de limpeza, que definiu como o máis elevado da historia municipal. "Pagamos máis que nunca para recibir menos que nunca", afirmou.

Os populares tamén puxeron o foco na proliferación de carteis de organizacións políticas en espazos non autorizados. Villa denunciou que o executivo local non está actuando con dilixencia na súa retirada nin aplicando as sancións previstas na ordenanza municipal. Neste sentido, explicou que o PP solicitou ao Concello información sobre o número de sancións impostas desde xuño de 2023 para comprobar se a normativa se está aplicando.

Ademais, o grupo popular criticou que durante a pasada Semana Santa, malia que o goberno anunciara un reforzo do servizo de limpeza, a cidade presentase, ao seu xuízo, unha imaxe de sucidade impropia dunha cidade Patrimonio da Humanidade. Tamén cuestionou que a recadación da taxa turística non se traduza nunha mellora visible dos servizos públicos.

Pola súa banda, o concelleiro José Antonio Constenla reclamou a elaboración dunha normativa específica que regule a colocación de pancartas e carteis no espazo público. Segundo indicou, esta regulación debería establecer criterios claros para compatibilizar a liberdade de expresión coa protección do patrimonio, da paisaxe urbana e da neutralidade institucional, contando ademais coa participación das entidades veciñais e sociais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620