Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Un estudo da USC, premiado por demostrar o amplo apoio social ao endurecemento das medidas antitabaco

A investigación, distinguida co I Premio SEE-SESPAS ao mellor artigo en epidemioloxía, conclúe que a cidadanía española avala maioritariamente novas restricións ao consumo de tabaco

O estudo, liderado por persoal investigador da USC, recibiu o I Premio SEE-SESPAS ao mellor artigo en epidemioloxía
O estudo, liderado por persoal investigador da USC, recibiu o I Premio SEE-SESPAS ao mellor artigo en epidemioloxía
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Un estudo da USC que analiza a postura da sociedade española respecto das políticas de control do tabaquismo acaba de ser recoñecido co Premio SEE-SESPAS ao mellor artigo en epidemioloxía na súa primeira edición. O traballo analiza o apoio da poboación a oito medidas lexislativas e, aínda que revela importantes diferenzas entre comunidades autónomas, amosa que a poboación española está preparada para o endurecemento das medidas de control do consumo de tabaco.

O estudo actualiza e completa a información sobre o apoio social ás políticas antitabaco en España incorporando por primeira vez datos por comunidades autónomas. Os resultados amosan consenso arredor das oito normas avaliadas, con niveis de aceptación elevados en todo o país. As que teñen un maior apoio son a prohibición de fumar en coches en presenza de menores e o empaquetado xenérico, cunha aceptación media do 80% nos distintos territorios, e as que teñen menos son a prohibición de fumar en terrazas e o aumento da idade mínima de venda ata os 21 anos, aínda que esta última é apoiada por máis do 50% da poboación na meirande parte das Comunidades Autónomas. De forma destacada, o estudo constata diferenzas de ata 30 puntos porcentuais entre Comunidades Autónomas no apoio á prohibición de fumar en espazos exteriores, o que suxire a necesidade de adaptar as estratexias de comunicación ao contexto de cada territorio antes de pór en marcha novas leis.

A investigación cobra especial relevancia nun momento clave que responde á aprobación en setembro de 2025 do anteproxecto de lei de modificación da Lei 28/2005, que ampliaría os espazos libres de fume a terrazas de hostalaría ou as marquesiñas de transporte público. “Coñecer o apoio da cidadanía a estas medidas resulta esencial para garantir o seu éxito”, explica a súa autora principal, a profesora Mónica Pérez Ríos, da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e membro do CRETUS e do IDIS. “O estudo tamén achega evidencia rigorosa no senso de que, en xeral, a poboación está preparada e apoiaría o avance nas medidas de protección fronte á principal causa de morte en España, tal e como apreciamos no noso grupo de investigación en estudos previos”, advirte.

O artigo ‘Aceptabilidad de medidas de control del tabaquismo en la población adulta española’ realizouse no marco dun proxecto financiado polo Instituto de Salud Carlos III. O premio entregouse na XLIV Reunión Anual da Sociedade Española de Epidemioloxía  que tivo lugar en Pamplona e recolleuno Carla Guerra Tort, coautora do estudo e doutoranda da Área. As outras autoras son Lucía Rodríguez e a profesora Julia Rey Brandariz, todas da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública.

O I Premio SEE-SESPAS recoñece o mellor artigo orixinal en epidemioloxía publicado en Gaceta Sanitaria durante o ano 2025 e está convocado conxuntamente pola Sociedade Española de Epidemioloxía (SEE) e a Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria (SESPAS).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620