Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Jesús Sanmartín inicia un novo mandato á fronte da Facultade de Química cun plan para modernizar instalacións e titulacións

O decano fixa entre as prioridades a posta en marcha da Unidade de Resonancia Magnética Nuclear, a mellora dos espazos para o alumnado, a reforma do edificio e a creación dun itinerario bilingüe

Jesús Sanmartín tomou posesión dun novo mandato de seis anos como decano da Facultade de Química da USC
Jesús Sanmartín tomou posesión dun novo mandato de seis anos como decano da Facultade de Química da USC
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

“Unha boa Facultade non se mide só polos seus resultados académicos ou científicos, ou polos perseguidos selos de calidade, senón tamén pola calidade humana do ambiente que é capaz de crear”. Así remataba o seu discurso o decano da Facultade de Química, Jesus Sanmartín Matalobos, no acto de toma de posesión dun novo mandato, este xa por seis anos.

Entre os retos formulados polo decano están a mellora dos espazos do estudantado e a posta en funcionamento da Unidade de Resonancia Magnética Nuclear da RIAIDT, “unha infraestrutura moi esperada” e “unha ferramenta esencial para a docencia e a investigación que desenvolvemos”. “Queremos tamén completar, xunto coa Reitoría, a seguinte fase da reforma do edificio, mellorando unhas instalacións que deben estar á altura da calidade científica e docente que caracteriza ao noso centro”, dixo ademais.

Seguir avanzando na dixitalización e simplificación da xestión, “con formularios máis intuitivos, procesos máis claros para os TFG, os TFM, as prácticas externas ou os informes, e un sistema áxil para comunicar incidencias ou necesidades de mantemento” foron outras cuestións sinaladas polo decano. “Non se trata só de utilizar máis tecnoloxía. Trátase de dedicar menos tempo á burocracia e máis tempo ao que realmente importa: ensinar, investigar e aprender”, manifestou.

Por último, puxo o foco sobre a docencia, “outra das nosas prioridades”. “Queremos revisar e actualizar as nosas titulacións, adaptándoas aos novos tempos e á demanda da sociedade, e traballaremos nun itinerario/grado bilingüe que aumente as oportunidades do noso estudantado ademais de revisar o modelo de prácticas académicas para achegalas aínda máis á realidade profesional”, concluiu.

Pola súa banda, a reitora Rosa Crujeiras salientou o “lugar singular” que ocupa a Facultade de Química “dentro da nosa Universidade”. “Aquí se consolidaron os estudos universitarios de Química en Galicia e formáronse xeracións de profesionais, docentes e persoal investigador que contribuíron decisivamente ao desenvolvemento científico e industrial do noso país”, dixo.

Pero xunto á parte esencial da historia da ciencia en Galicia que supón esta Facultade, “hai tamén -manifestou- unha comunidade investigadora que continúa ampliando as fronteiras do coñecemento, un profesorado comprometido coa formación das novas xeracións e un estudantado chamado a dar resposta a algúns dos grandes desafíos do noso tempo”. De aí que “falar do futuro da Facultade de Química é falar tamén do futuro da Universidade e da capacidade que teremos como sociedade para responder aos desafíos científicos, tecnolóxicos e ambientais das vindeiras décadas”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620