Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Compostela acolle esta semana o II Encontro Internacional de Soundpainting con concertos e obradoiros

A programación desenvolverase do 7 ao 10 de xullo en distintos espazos da cidade e reunirá artistas internacionais arredor desta linguaxe de creación colectiva en tempo real

O encontro inclúe actuacións abertas ao público en catro espazos de Santiago e obradoiros especializados impartidos por referentes internacionais do soundpainting
O encontro inclúe actuacións abertas ao público en catro espazos de Santiago e obradoiros especializados impartidos por referentes internacionais do soundpainting
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Santiago de Compostela está a piques de converterse, por segundo ano consecutivo, nun espazo de referencia para a creación multidisciplinar en tempo real coa celebración do II Encontro Internacional de Soundpainting Compostela, que se desenvolverá en distintos puntos da cidade entre o 7 e o 10 de xullo.

Durante catro días, artistas e participantes de distintas disciplinas compartirán experiencias arredor do soundpainting, unha linguaxe de signos que permite crear composicións colectivas en directo a través da interacción entre quen dirixe e quen interpreta. Esta ferramenta, desenvolvida polo compositor Walter Thompson e difundida internacionalmente desde hai décadas, continúa gañando presenza en ámbitos tan diversos como a música, a danza, o teatro, a performance ou as artes visuais.

O encontro arrancará cunha programación que combina formación e exhibición artística. As noites estarán reservadas para as actuacións abertas da man de Agora Guerrilla. Comezarán o 7 de xullo na Casa das Crechas, seguirán o 8 de xullo na Borriquita de Belém e o 9 de xullo no Café Camalea, sempre ás 21.00 horas. Serán encontros nos que artistas e participantes no Encontro experimentarán coa creación instantánea diante do público, convertendo cada actuación nun acontecemento irrepetible.

Os días 8, 9 e 10 de xullo, a Sede da SGAE acollerá os obradoiros gratuítos de iniciación ao soundpainting, Estes talleres, que esgotaron hai semanas as prazas dispoñibles, serán impartidos por Eric Chapelle, Johan Sabbe, Angélique Cormier e Xacobe Martínez Antelo, referentes internacionais desta linguaxe para a  creación en tempo real.

O peche do encontro terá lugar o 10 de xullo ás 19.00 horas na Casa das Máquinas, cun concerto da Orquestra Galega de Liberación, anfitrioa do proxecto e principal impulsora desta iniciativa en Galicia, acompañada das e dos artistas participantes nos obradoiros e de soundpainters convidados.

O II Encontro Internacional de Soundpainting Compostela reforza así a aposta por formatos innovadores que favorecen a participación, o diálogo entre disciplinas e a creación colectiva, consolidando a cidade como un espazo aberto á experimentación artística contemporánea.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620