Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Marta Álvarez reclama á Xunta a cobertura total do persoal de enfermaría do CEE A Barcia

A concelleira non adscrita pide tamén un protocolo de substitucións para garantir a atención sanitaria no centro de cara ao próximo curso.

Álvarez, Castro, Rosón e Muíños en rolda de prensa
Álvarez, Castro, Rosón e Muíños en rolda de prensa
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira non adscrita de Santiago, Marta Álvarez, reclamou á Xunta de Galicia a cobertura total e definitiva do persoal de enfermaría do Centro de Educación Especial (CEE) A Barcia, así como a elaboración dun protocolo urxente de substitucións que garanta a normalidade asistencial de cara ao vindeiro curso escolar.

A edil considera que a incorporación dunha única profesional na segunda semana de xuño, contratada pola Consellería de Educación, resultou "insuficiente para restablecer a normalidade asistencial e educativa". 

Segundo explicou, esta medida só corrixe parcialmente a situación, xa que "a cobertura dunha única praza non substitúe ás dúas profesionais que prestaban servizo anteriormente". Como consecuencia, asegura que cinco estudantes en réxime de internado continúan obrigados a regresar diariamente aos seus domicilios ao rematar as clases por falta de atención sanitaria fóra do horario diúrno.

A reclamación chega despois de varias semanas marcadas pola falta de persoal de enfermaría no centro, unha situación que, segundo lembra Álvarez, obrigou a un mínimo de doce alumnos —dun total de 61 matriculados— a permanecer nos seus domicilios ante a imposibilidade de garantir coidados como a alimentación por sonda, a administración de medicación ou a supervisión de tratamentos.

As familias afectadas denunciaron publicamente o impacto desta situación tanto no desenvolvemento educativo dos menores como na conciliación familiar. Pola súa banda, as concelleiras non adscritas sosteñen que "a atención de enfermaría en centros de educación especial non constitúe un servizo accesorio, senón un recurso imprescindible para garantir o acceso efectivo á educación do alumnado con necesidades sanitarias complexas", e advirten de que a falta destes profesionais "vulnera principios básicos de igualdade de oportunidades e inclusión".

Marta Álvarez lembrou tamén que o Pleno da Corporación de Santiago aprobou na última sesión ordinaria de xuño unha proposición presentada polas concelleiras non adscritas para instar á Xunta de Galicia a asumir as súas competencias e garantir a cobertura do servizo de enfermaría no CEE A Barcia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620