Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Queremos Galego impulsará unha ILP para blindar o galego e reverter a emerxencia lingüística

A plataforma presentará a iniciativa en setembro para garantir os dereitos lingüísticos e derrogar o decreto do plurilingüismo

oO1ajjaw
O documento está elaborado por 70 entidades que recolle arredor de 300 medidas para promover o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade
Eva Fernández
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Queremos Galego anunciou este xoves que impulsará unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para reforzar a protección do galego e facer fronte á situación de "emerxencia lingüística" que, ao seu xuízo, atravesa a lingua. O texto darase a coñecer en setembro xunto coa comisión promotora, integrada por persoas e colectivos sociais.

O voceiro da plataforma, Marcos Maceira, explicou que a iniciativa pretende reverter as normas que considera contrarias ao galego, blindar os acordos existentes en materia de política lingüística e garantir os dereitos das persoas galegofalantes. "Existe unha distorsión entre o que din os plans e a realidade legal da nosa lingua", afirmou.

Entre as medidas que incluirá a ILP figura a derrogación do decreto 79/2010 para recuperar o galego como lingua vehicular e de acollida no ensino, ademais de reforzar a súa presenza na Administración, na Xustiza e na sanidade. A proposta tamén aposta por introducir cláusulas lingüísticas na contratación pública, fortalecer os servizos de normalización lingüística e desenvolver programas específicos para as persoas inmigrantes.

No ámbito dos medios de comunicación e da cultura, Queremos Galego propón modificar a normativa dos medios públicos para reforzar o uso do galego, incrementar o investimento na oferta cultural nesta lingua e impulsar medidas de apoio á dobraxe, á lexendaxe e á exhibición audiovisual en galego.

Durante a comparecencia, Maceira criticou a política lingüística da Xunta e acusou o Goberno galego de incumprir os compromisos adquiridos en materia de normalización. Segundo explicou, a ILP constitúe a primeira acción colectiva derivada do Protocolo Lingua Vital, un documento elaborado por 70 entidades que recolle arredor de 300 medidas para promover o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620