Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A inauguración dos Xogos do Eixo trasládase a San Lázaro pola previsión de calor extrema

O Concello de Santiago muda a cerimonia de apertura ao estadio Verónica Boquete para garantir a seguridade das máis de 2.000 persoas participantes ante as altas temperaturas previstas

A organización dos XVI Xogos do Eixo Atlántico decidiu trasladar a inauguración do Obradoiro ao estadio Verónica Boquete e mantén un seguimento continuo da situación meteorolóxica
A organización dos XVI Xogos do Eixo Atlántico decidiu trasladar a inauguración do Obradoiro ao estadio Verónica Boquete e mantén un seguimento continuo da situación meteorolóxica
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O estadio Verónica Boquete de San Lázaro acollerá o vindeiro domingo, 5 de xullo, a cerimonia de apertura dos XVI Xogos do Eixo Atlántico. O Concello de Santiago, coorganizador e anfitrión desta cita deportiva, así o decidiu ante a previsión meteorolóxica da tarde do domingo, con temperaturas agardadas próximas aos 40 ºC.

Se ben inicialmente a cerimonia estaba programada para desenvolverse nun espazo emblemático como o da praza do Obradoiro, o Concello toma esta decisión para garantir o benestar e a comodidade das persoas participantes, especialmente das e dos menores de idade.

A inauguración comezará ás 18.30h e contará coa participación de todas as delegacións visitantes e local. Durante o acto intervirán a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

A comisión organizadora dos Xogos do Eixo continúa reuníndose tres veces por día para avaliar a evolución da situación meteorolóxica e tomar en tempo real as medidas necesarias para garantir o confort e a seguridade das e dos deportistas participantes nos Xogos do Eixo, así como do conxunto de delegacións visitantes e local.

Os Xogos do Eixo Atlántico, que celebran a súa décimo sexta edición escollendo por segunda vez na súa historia Santiago de Compostela, son un evento de carácter bianual que se celebra en distintas localizacións de Galicia e do norte de Portugal. Nesta ocasión, 28 delegacións galegoportuguesas con máis de 2.000 rapazas e rapaces de ata 14 anos participan en cinco competicións distintas do 6 ao 10 de xullo nunha decena de espazos deportivos repartidos por todo o municipio. Esta edición dos Xogos é completamente paritaria e conta con categorías adaptadas en natación e atletismo. Os Xogos inclúen tamén competicións de baloncesto, balonmán e voleibol.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620