Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Catro empresas optan ás obras de reparación do estadio Verónica Boquete

O contrato, cun orzamento de 1,29 millóns de euros, permitirá actuar nas fachadas, cubertas, soportais e outros elementos do estadio municipal cun prazo de execución de catro meses

A licitación das obras corresponde á terceira fase das actuacións para corrixir as patoloxías detectadas no estadio Verónica Boquete
A licitación das obras corresponde á terceira fase das actuacións para corrixir as patoloxías detectadas no estadio Verónica Boquete
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello recibiu catro ofertas no proceso de licitación do contrato para as obras de aplicación de medidas correctoras para o Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro segundo o Estudo Integral de Patoloxías (Fase III) tramítase. Este contrato tramítase polo procedemento aberto e simplificado cun orzamento base de 1.292.790,67 euros e ten un prazo de execución de catro meses. A intervención inclúe a reparación das fachadas, as cubertas e os soportais do edificio e tamén substituirá o falso teito da cafetería e as carpinterías do muro-cortina da porta 1.

O Concello lembra que este complexo sufriu desde o inicio deficiencias estruturais que empeoraron cos 30 anos que leva en funcionamento. No inicio deste mandato realizouse unha avaliación de necesidades globais, tendo en conta as patoloxías do edificio, mais tamén as melloras relacionadas coa súa función deportiva. Como resultado desta análise, estimouse necesario un investimento de algo máis de 9,3 millóns de euros, para o que é preciso a colaboración con outras administracións.

O Estadio Verónica Boquete foi deseñado no ano 1990 polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois e foi inaugurado en xuño de 1993, froito dun convenio entre o Concello, a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Deportes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620