Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

UCIN propón reformar a Alameda e trasladar as atraccións da festa

A formación pide renovar o estanque, o pavimento e as fontes para mellorar a conservación do parque

adrian mallo
adrian mallo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

UCIN Santiago presentou unha proposta de actuación para a recuperación e posta en valor do Parque da Alameda, un dos espazos máis representativos de Compostela e punto de encontro habitual para veciñanza e visitantes.

A formación considera necesario acometer unha reforma integral deste parque histórico co obxectivo de mellorar a súa conservación, funcionalidade e atractivo, garantindo que continúe sendo un referente social, cultural e turístico da cidade.

Entre as actuacións propostas destacan a reforma integral do estanque, a renovación do pavimento nas zonas máis deterioradas e a recuperación e posta en funcionamento de todas as fontes ornamentais do parque.

UCIN tamén propón o traslado das atraccións de feira e das orquestras á contorna da Residencia Universitaria, co obxectivo de liberar espazo na Alameda e reducir o impacto destas actividades sobre este espazo histórico.

Desde a formación sinalan que o parque debe contar cun plan de conservación permanente e investimentos continuados que aseguren o seu bo estado ao longo de todo o ano, converténdoo nun espazo máis accesible, atractivo e agradable para a cidadanía.

“O noso obxectivo é recuperar a Alameda como un lugar de encontro, de lecer e de convivencia, respectando o seu valor histórico e patrimonial e adaptándoa ás necesidades da Compostela do século XXI”, afirmou o coordinador local e candidato de UCIN á Alcaldía de Santiago, Diego Adrián Mallo.

UCIN Santiago avanzou que nas próximas semanas continuará presentando novas propostas centradas na mellora dos espazos públicos da cidade, baixo a idea de facer de Santiago unha cidade máis coidada, accesible e pensada para as persoas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620