Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago convoca a quinta edición do Premio Exeria de creación literaria

O certame, dotado con 3.000 euros e unha residencia artística en Italia, abre o prazo de presentación de proxectos do 2 ao 16 de xullo para escritores e escritoras empadroados na cidade

O Premio Exeria busca apoiar a creación literaria en galego cunha axuda económica e unha estadía de traballo durante o mes de agosto na residencia La Baldi, en Montegiovi
O Premio Exeria busca apoiar a creación literaria en galego cunha axuda económica e unha estadía de traballo durante o mes de agosto na residencia La Baldi, en Montegiovi
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Do 2 ao 16 de xullo está aberto o prazo para que as escritoras e os escritores empadroados en Compostela presenten as súas propostas para o Premio Exeria a proxectos de creación literaria, un certame que ten por obxecto incentivar a creatividade e a produción literaria en lingua galega. O premio está dotado con 3.000 euros e unha reserva na residencia La Baldi, en Italia.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica este mércores a convocatoria e as bases do Premio Exeria a proxectos de creación literaria do Concello de Santiago, que este 2026 chega á súa quinta edición.

O certame, impulsado pola Concellería de Capital Cultural, que dirixe Míriam Louzao, ten por obxecto incentivar a creatividade e a creación literaria escritas en lingua galega. Con este premio, o Concello pretende fornecer os escritores e escritoras de Galicia un espazo, un tempo e un contexto no que desenvolver en condicións óptimas o proxecto literario premiado cunha dedicación exclusiva dentro dun ámbito internacional. Para iso, a convocatoria conta coa colaboración da “Residencia Literaria 1863”, dirixida por Yolanda Castaño.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación das bases no BOP, polo que estará aberto do 2 ao 16 de xullo.

Poden concorrer autoras e autores que se dediquen á escrita creativa, residentes en Santiago de Compostela, con independencia do xénero literario. A solicitude debe incluír unha memoria con descrición do proxecto literario e un cartafol literario con pezas ou fragmentos anteriores.

Os proxectos presentados deben ser inéditos e serán avaliados por unha comisión composta por tres profesionais do ámbito literario galego, que valorarán aspectos como a viabilidade do proxecto literario, a traxectoria da persoa solicitante e a eventual  vinculación do proxecto coa cidade.

A persoa premiada recibirá 3.000 euros e a reserva, durante todo o mes de agosto de 2026, da Residencia La Baldi sita na vila de Montegiovi (Italia). A contribución deste premio e a residencia encamíñanse ao desenvolvemento creativo da persoa solicitante, constituíndo unha oportunidade valiosa da que extraia a máxima produtividade, estímulo e inspiración.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620