Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PP acusa o Goberno local de "boicotear" a instalación de pantallas para seguir á Selección Española

José Ramón de la Fuente sostén que o executivo municipal "nunca quixo impulsar esta iniciativa" e critica a distribución das pantallas por distintos puntos da cidade

José Ramón de la Fuente
José Ramón de la Fuente
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Partido Popular de Santiago acusou o Goberno municipal de Goretti Sanmartín de actuar con "sectarismo" na organización das pantallas para seguir os partidos da Selección Española, ao considerar que o executivo local "nunca quixo impulsar esta iniciativa" e que só a leva a cabo por ser a proposta máis votada nos orzamentos participativos.

O concelleiro popular José Ramón de la Fuente lembrou que o PP solicitou no seu momento a instalación de pantallas xigantes para seguir o Mundial da Selección Española feminina e posteriormente a Eurocopa da Selección Española masculina, iniciativas que, segundo afirmou, foron rexeitadas polo Goberno local. Tamén sostivo que o Concello non colaborou na instalación dunha pantalla para seguir o ascenso da SD Compostela.

De la Fuente criticou ademais a decisión de distribuír as pantallas por distintos puntos da cidade, ao considerar que esta medida "fragmenta a participación" e impide crear un ambiente de encontro e celebración arredor dos partidos da selección.

O edil popular asegurou que o Goberno municipal "está facendo todo o posible para restarlle éxito" a unha iniciativa que, lembrou, xurdiu da vontade expresada pola cidadanía nos orzamentos participativos e acusou o executivo de gobernar "pensando unicamente nos intereses do BNG e non no conxunto da cidade".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620