Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago reforza a atención á poboación migrante cun convenio co Movemento pola Paz

O acordo permitirá ofrecer asesoramento xurídico especializado en estranxeiría e protección internacional desde a Unidade Municipal de Atención ás Migracións durante os vindeiros dous anos

O Concello de Santiago e o Movemento pola Paz colaborarán na prestación de asesoramento xurídico especializado ás persoas migrantes atendidas
O Concello de Santiago e o Movemento pola Paz colaborarán na prestación de asesoramento xurídico especializado ás persoas migrantes atendidas
Eminent Luggage
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santiago, a través da Unidade Municipal de Atención ás Migracións, reforzará a asistencia e a atención integral ás persoas migrantes empadroadas ou residentes en Compostela, grazas ao convenio de colaboración asinado coa asociación Movemento pola Paz en Galicia. A través dese acordo, a entidade prestará un servizo de asesoramento xurídico especializado en materia de estranxeiría e protección internacional.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, lembrou que ao longo deste mandato “véñense impulsando diferentes accións para reforzar a UAMI, co obxectivo de prestar un maior apoio á poboación migrante que vive en Santiago, máis de 10.000 persoas, e favorecer a súa inclusión”. Este acordo, apuntou, “dálle continuidade á colaboración que xa mantivemos co Movemento pola Paz durante o proceso extraordinario para a regularización de inmigrantes, que finaliza hoxe mesmo”.

En virtude do convenio de colaboración, Movemento pola Paz comprométese a colaborar co persoal técnico da UAMI na prestación de asesoramento xurídico especializado ás persoas migrantes derivadas polos servizos municipais, contribuíndo a garantir a defensa dos seus dereitos e a mellorar a calidade da intervención social municipal. Para iso, un profesional vinculado á entidade atenderá de manera presencial ás persoas migrantes nas dependencias da UAMI, no Cersia, colaborando en tramitacións administrativas, asesoramento sobre autorizacións e renovacións de residencia, visados ou solicitudes de protección internacional, entre outras cuestións de interese para as persoas migrantes.

Regularización de inmigrantes

No proceso extraordinario de regularización de inmigrantes, a UAMI atendeu un total de 184 solicitudes de informes de vulnerabilidade e emitiu finalmente 146 documentos. Por nacionalidades de orixe, as peticións maioritarias foron de persoas procedentes de Colombia, Perú, Venezuela e Arxelia.

O informe de vulnerabilidade é un documento tramitado polos servizos públicos municipais ou as entidades colaboradoras durante o proceso de regularización extraordinaria, esixible no caso daquelas persoas migrantes en situación irregular que non contaran con contrato de traballo ou unidade familiar ao seu cargo. Deste modo, o número de persoas regularizadas en Santiago non é o equivalente aos informes de vulnerabilidade tramitados, que non son obrigatorios en todos os casos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620