Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Arturo X. Pereiro asume o decanato da Facultade de Psicoloxía da USC

O novo decano aposta pola renovación dos estudos, a incorporación das novas tecnoloxías e o reforzo do compromiso social da facultade durante o seu mandato

Arturo X. Pereiro tomou posesión como decano da Facultade de Psicoloxía nun acto presidido pola reitora da USC, Rosa Crujeiras
Arturo X. Pereiro tomou posesión como decano da Facultade de Psicoloxía nun acto presidido pola reitora da USC, Rosa Crujeiras
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O profesor Arturo X. Pereiro Rozas tomou posesión este martes 30 do seu cargo como novo decano da Psicoloxía, 35 anos despois de que a Facultade se constituíse como centro independente e máis de 50 desde que se ofertan estudos de Psicoloxía na USC.  “Son xa sete as decanas e decanos que me precederon, e moito e valioso o legado que elas e eles, os seus equipos e o conxunto de profesionais da docencia e administración nos deixaron. Gracias a todas/os! Cómpre agora seguir construíndo con entusiasmo e unidade sobre o xa establecido e afrontar os novos retos”. O acto de toma de posesión, no que tamén participou a decana saínte María José Sampedro, estivo presidido pola reitora Rosa Crujeiras.

O novo decano enumerou os eidos que serán prioritarios durante o seu mandato: mantemento das infraestruturas, aproveitamento das Unidades do Servizo de Psicoloxía como elementos docente-asistenciais básicos, o recoñecemento adecuado das tarefas de xestión, a dispoñibilidade de equipamento e software necesario para a incorporación decidida das TICs e a IA, a seguridade xurídica e a posta en valor do Museo de Psicoloxía.

“Outros retos precisarán de menos axuda institucional e máis axuda interna”, explicou o decano. “Entre estes retos, está o de reformar o plano de estudos e avanzar nas opción de especialización a través dos títulos de máster. En relación con isto, será clave acordar de que xeito o TFG, e incluso o TFM, deben ser reformulados para dotar a estas materias dun sentido de comprobación real do nivel de madurez do estudantado, a adquisición das competencias profesionais básicas, mantendo o proceso de avaliación lonxe da alongada sombra da IA”, engadiu.

Compromiso social

A reitora destacou que a Facultade de Psicoloxía da USC acadou ao longo dos anos “unha posición sólida dentro da Universidade, combinando unha formación de calidade, unha investigación recoñecida e unha clara vocación de compromiso coa sociedade, que se materializa a través das múltiples colaboracións con axentes alleos á universidade”. Para Rosa Crujeiras isto é “unha acreditación da súa xestión, que non todos os centros posúen”.

A reitora quixo tamén poñer o foco na saúde mental e en como se está a converter nunha prioridade social. “Estamos a vivir un momento no que a saúde mental e o benestar psicolóxico se converteron nun dos grandes desafíos sociais do noso tempo. O aumento da preocupación polo benestar emocional, especialmente entre a mocidade, o impacto das transformacións sociais e económicas e a necesidade de avanzar cara a modelos máis preventivos sitúan esta cuestión no centro das prioridades colectivas”, explicou en relación ao papel clave que a Psicoloxía representa para a sociedade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620