Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago prepárase para unha semana de contos, roteiros e narración oral con Atlántica

O festival levará á cidade espectáculos, contacontos, roteiros e encontros con narradores de Galicia, Portugal e outros territorios

caldupeiras_1
A primeira cita será mañán ás 19.00 horas no Museo do Pobo Galego coa proposta Cando Santo André foi de Romeiro a Santiago, protagonizada por Caldupeiras e Pepe Riola
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Santiago de Compostela volverá ser un dos principais escenarios do Festival Atlántica de Narración Oral, que arranca este martes 30 de xuño cunha programación que levará á cidade máis dunha vintena de actividades ata o 4 de xullo. Contacontos, espectáculos para adultos, roteiros nocturnos e propostas familiares reunirán narradores de Galicia, Portugal, País Vasco, Andalucía, Castela e León e Colombia.

A primeira cita será este martes ás 19.00 horas no Museo do Pobo Galego coa proposta 'Cando Santo André foi de Romeiro a Santiago', protagonizada por Caldupeiras e Pepe Riola. A sesión recuperará historias ligadas á tradición oral galega e rematará cun caldo compartido para reivindicar a memoria das mulleres que durante décadas alimentaron aos romeiros de Santo André de Teixido.

O mércores 1 de xullo celebrarase unha das xornadas máis completas do festival. Pola mañá, a Biblioteca Ánxel Casal acollerá a lectura pública da obra de Begoña Caamaño, organizada en colaboración con Aspanaes. Xa pola noite, os xardíns do CSC Maruxa e Coralia recibirán ao narrador portugués António Fontinha co espectáculo'Inequivocamente', ao que se sumará a narradora vasca Amaia Elizagoien dentro do ciclo Novas Voces.

Ese mesmo día terá lugar tamén un dos eventos máis agardados da programación: o roteiro nocturno 'Os insomnios de Compostela. Ramón Otero Pedrayo', guiado por Quico Cadaval, Sole Felloza e Manuel Gago, unha actividade que esgotou todas as prazas poucos días despois da súa apertura.

Programación para toda a familia

A programación infantil ocupará boa parte das xornadas do 2 e 3 de xullo, con contacontos e espectáculos en distintos centros socioculturais da cidade.

Entre as propostas figuran 'Cabiciva'i, de Pablísimo; 'Outra vez!', de Vero Rilo; 'O Grúfalo', de Carmen Domech; ou 'Contos do norte', de Amaia Elizagoien, entre outras.

O venres completarase coa presentación do Mapa dos lugares míticos do Reino de Galicia, a cargo de Manuel Gago e Leandro Lamas, seguida do espectáculo Vicio houbo sempre, de Atenea García, coa participación do colombiano Santiago Giraldo 'Profe Kuro'.

O peche da programación compostelá chegará o sábado 4 de xullo con dúas propostas arredor da memoria e da cultura popular. O Museo do Pobo Galego acollerá 'Ritos de vida, ecos de morte', de Nati Rey, mentres que a Colexiata de Sar será escenario de 'Phantasmas familiares, santos e aparecidos', de Quico Cadaval. Nesa última xornada entregarase tamén a Cornamusa de Honra á investigadora Camiño Noia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620