Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Curtocircuíto arranca mañá coa súa sesión sorpresa e estrea a 23ª edición con Xacio Baño

O festival abre este luns coa sesión Zero ao aire libre e inaugúrase oficialmente este martes coa proxección de 'Despois das cidades' e un amplo programa de cinema, encontros e concertos audiovisuais

O festival levarase a cabo en Santiago do 30 de xuño ao 5 de xullo
A 23ª edición de Curtocircuíto inaugúrase este martes no Teatro Principal coa estrea de 'Despois das cidades', de Xacio Baño
Curtocircuíto
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela a través de Compostela Cultura, comeza hoxe a súa actividade coa celebración da sesión Zero, unha proxección sorpresa de cinema ao aire libre que terá lugar ás 22.30 horas nos xardíns do Hotel NH Collection Santiago. Esta cita, aberta ao público, servirá como antesala da inauguración oficial da 23ª edición do festival, que terá lugar este martes, 30 de xuño, ás 20.00 horas no Teatro Principal, e que contará coa presenza da alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín Rei, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, o director da AGADIC Jacobo Sutil, e o director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo alén doutras integrantes da corporación municipal.

A apertura oficial incluirá a proxección de 'Despois das cidades', o novo filme de Xacio Baño, que tamén intervirá no acto. A película propón unha reflexión coral arredor de Santiago de Compostela a través de múltiples voces, cartas e postais, construíndo unha mirada sobre a memoria, a paisaxe e as transformacións do espazo urbano.

A partir desta inauguración e ata o 5 de xullo, Curtocircuíto despregará unha programación que combina as competicións oficiais Cosmos, Planeta GZ e Supernova con focos dedicados a Lawrence Lek e Gala Hernández López, o premio Atlas á cineasta Marie Losier, concertos audiovisuais, encontros con cineastas, residencias artísticas e actividades abertas ao público.

O mércores 1 de xullo, ás 12.00 horas, o Paseo dos Camelios do Hotel NH Collection Santiago acollerá un encontro aberto a prensa e público arredor de 'Despois das cidades'. Un día despois da súa proxección en Curtocircuíto, o director Xacio Baño conversará coa historiadora e política Encarna Otero e co filósofo e escritor Antón Baamonde sobre o proceso de creación do filme e as reflexións que suscita arredor da memoria, a paisaxe e as transformacións do espazo urbano.

A programación continuará esa mesma xornada coas proxeccións da sección oficial Cosmos, coa sesión 'Un arbre és un arbre', de Aleix Plademunt e Carlos Marqués - Marcet, integrada no ciclo Psicoxeografías, e co primeiro concerto audiovisual desta edición, 'Gamma', de José Venditti e Marta Verde. O xoves 2 de xullo, ás 11.00 horas, a sede de Afundación acollerá un encontro gratuíto co fotógrafo e cineasta Aleix Plademunt. Baixo inscrición previa, a sesión ofrecerá un percorrido pola súa traxectoria recente e polo diálogo entre fotografía e cinema que articula proxectos como 'Almost There', 'Matter', 'Ser Ningú', 'Un arbre és un arbre' e 'Sempervirens', afondando nunha práctica artística que explora os límites da imaxe, a narración e o tempo.

A programación continuará nos días seguintes coa entrega do Premio Curtocircuíto Atlas á cineasta francesa Marie Losier, os focos dedicados a Lawrence Lek e Gala Hernández López e novos encontros con creadoras e creadores como Marta Echaves. O apartado de concertos audiovisuais culminará coas propostas do artista xaponés Ryoichi Kurokawa, Los Sara Fontan e Tamara de la Fuente, Arvin Dola e Irene Gaumé, e Artur M. Puga e Sevi Iko Dømochevsky, conformando un percorrido por diferentes formas de relación entre son, imaxe, tecnoloxía e performance.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620