Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O CiMUS recibe o Premio Nacional de Medicina Século XXI pola súa investigación en biomedicina traslacional

O centro compostelán é recoñecido en Madrid polo seu modelo que conecta investigación básica e clínica e pola súa proxección internacional no ámbito da saúde

Mabel Loza e José Luis Labandeira, codirectores do CiMUS da USC, durante a recollida do Premio Nacional de Medicina Século XXI en Madrid
Mabel Loza e José Luis Labandeira, codirectores do CiMUS da USC, durante a recollida do Premio Nacional de Medicina Século XXI en Madrid
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Centro Singular de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) acaba de ser distinguido co Premio Nacional de Medicina Século XXI na categoría de Investigación, outorgado por El Suplemento. Recolleron o galardón os codirectores do Centro, Mabel Loza e José Luis Labandeira, durante a gala que se desenvolveu en Madrid. “Este recoñecemento supón un impulso extraordinario para todo o equipo do CiMUS e para a investigación que desenvolvemos desde Galicia con vocación global. É un premio que recoñece non só a excelencia científica, senón tamén a nosa aposta por unha investigación conectada cos pacientes, capaz de transformar o coñecemento en solucións reais para os grandes retos da saúde. Anímanos a seguir fortalecendo a colaboración entre universidade, sistema sanitario e industria para acelerar a chegada de novas terapias e tecnoloxías á sociedade”, explicaron Mabel Loza e José Luis Labandeira.

O CiMUS da USC representa unha biomedicina que percorre o camiño máis curto desde a investigación ao paciente e consolidouse como un referente en investigación biomédica que integra excelencia científica, translación clínica e innovación. Desde os seus inicios en 2012, ten a misión de conectar de forma eficiente a investigación fundamental co desenvolvemento terapéutico, favorecido pola súa estreita colaboración co Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. A través do seu programa de Mecanismos Moleculares e o Integrativo Traslacional, o centro aborda enfermidades de alta carga sanitaria —cancro, patoloxías neurodexenerativas, cardiovasculares e metabólicas— combinando o estudo das súas bases biolóxicas con capacidades en descubrimento de fármacos, nanomedicina, medicina xenómica e teragnose. Este enfoque permite que o coñecemento xerado teña un percorrido real cara a pacientes e a industria.

Impacto internacional

Os resultados reflicten a solidez desta estratexia. Con máis de 2.500 publicacións científicas en revistas internacionais de referencia e máis de 114 millóns de euros captados en financiamento competitivo, o CiMUS contribuíu de forma sostida ao avance do coñecemento biomédico. A iso súmase unha salientable capacidade de transferencia, con catorce spin-offs creadas, varias unidades mixtas e colaboracións coa industria farmacéutica. Este ecosistema permitiu que 17 moléculas desenvolvidas na súa contorna alcanzasen ensaios clínicos, evidenciando o seu impacto directo na sociedade.

Os resultados máis recentes inclúen contribucións nas enfermidades mencionadas, como novas estratexias fronte a tumores tiroideos altamente agresivos (Nature Communications), un novo mecanismo polo que fragmentos móbiles do ADN alteran a arquitectura do xenoma en tumores humanos (Science), a identificación dunha encima metabólica clave na fibrose hepática (Cell Metabolism), por citar algunhas delas.

A acreditación como Unidade de Excelencia María de Maeztu en 2025 pola Axencia Estatal de Investigación recoñece a calidade e o impacto deste modelo, e permite un avance cualitativo no seu papel como hub estratéxico entre investigación, sistema sanitario e tecido produtivo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620