Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acolle o V Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo con máis de 250 participantes

A USC reúne no Campus Sur expertos nacionais e internacionais para afondar na relación entre universidade e comunidade a través da metodoloxía ApS

O V Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo debátese na USC con preto de 250 persoas inscritas e presenza de responsables académicos e institucionais
O V Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo debátese na USC con preto de 250 persoas inscritas e presenza de responsables académicos e institucionais
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Facultade de Ciencias da Educación acolle este xoves o V Simposio Internacional ‘A Aprendizaxe-Servizo e a Educación Superior: a reciprocidade como eixo do vínculo universidade-comunidade’, un encontro académico de referencia que converte Santiago nun punto de encontro para o debate, a reflexión e o intercambio de experiencias sobre a aprendizaxe-servizo (ApS) no ámbito universitario.

O elevado interese xerado polo evento traduciuse na inscrición de preto de 250 persoas procedentes de numerosas universidades españolas e internacionais, superando amplamente as previsións iniciais. Ademais, o simposio rexistrou unha alta participación de propostas en formato póster, “o que evidencia o dinamismo e a crecente consolidación da aprendizaxe-servizo como metodoloxía de innovación docente, compromiso social e transferencia de coñecemento”, apuntan dende a organización.

O encontro inaugurouse nun acto que presidiu a vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar, Lorena Añón, e que contou ademais coa participación do conselleiro de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; o Presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Juan José Nieto Roig; a decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar Loremzo, e o presidente do comité organizador, Miguel Santos.

O programa conta coa participación de persoas referentes do ámbito internacional, entre as que destaca o profesor Manuel Souto Otero, da University of Bristol (Reino Unido), así como especialistas procedentes de universidades de diferentes latitudes. A presenza de representantes de entidades sociais e comunitarias reforza tamén o carácter colaborativo e transformador do encontro.

Baixo o lema da reciprocidade, o simposio pretende afondar nun dos principios fundamentais da aprendizaxe-servizo: a construción de relacións horizontais e mutuamente enriquecedoras entre a universidade e a sociedade. Neste sentido, o encontro servirá para seguir avanzando na consolidación dunha universidade comprometida co seu contorno, capaz de xerar coñecemento relevante ao tempo que contribúe á resolución de necesidades sociais reais.

Ao longo da xornada abordaranse cuestións relacionadas co impacto da aprendizaxe-servizo na formación do estudantado, o desenvolvemento competencial, a empregabilidade, a creación de valor social e os procesos de institucionalización desta metodoloxía nas universidades. Tamén se analiza o papel das entidades sociais como coprotagonistas na construción do coñecemento e na promoción dunha cidadanía máis participativa e democrática.

A organización do simposio está encabezada polo profesor Miguel A. Santos Rego, presidente do comité organizador, e polo profesor Alexandre Sotelino Losada, secretario do comité, ambos da Universidade de Santiago de Compostela, e conta ademais coa colaboración dunha ampla rede de investigadoras e investigadores de diversas universidades españolas e internacionais.

Este V Simposio Internacional constitúe unha nova oportunidade para fortalecer redes de colaboración, compartir boas prácticas e avanzar cara a unha educación superior máis comprometida coa transformación social, reafirmando o papel da universidade como institución pública ao servizo da comunidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620