Verea propone un paquete de medidas para mejorar la conciliación y el apoyo a las familias en Santiago
El líder del PP plantea la creación de una Casa das Familias, un servicio municipal de canguraje, campamentos de verano, programas educativos y cocinas propias en varios colegios de la ciudad

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou “un Santiago que acompañe ás persoas” tras presentar un paquete de medidas dirixidas á veciñanza compostelá centradas na conciliación, a educación e o apoio ás familias.
“Levamos semanas falando dunha idea moi simple: construír un Santiago que pense máis nas familias e na vida real da xente”, explicou Verea, quen subliñou que todas as propostas teñen como obxectivo “facilitar o día a día dos fogares composteláns”.
O popular defendeu un modelo de cidade centrado na conciliación, nas oportunidades educativas e na mellora da calidade de vida, co obxectivo de “acompañar mellor ás familias e estar ao seu lado tanto nos grandes proxectos como nos pequenos desafíos diarios”.
Entre as iniciativas presentadas destacan a organización municipal das actividades extraescolares, a creación da Parada Familiar, unha Bolsa Familiar da Zona Azul, un programa de inmersión lingüística de tres semanas en Irlanda para alumnado de 3º da ESO e unha nova rede de campamentos de verán por Galicia, con capacidade para uns 350 rapaces.
Tamén propón a posta en marcha dun Servizo Municipal de Canguraxe para situacións puntuais como entrevistas de traballo, citas médicas ou reunións urxentes, así como a creación da Casa das Familias, que sería o primeiro centro municipal deste tipo en Galicia e ofrecería acompañamento emocional, mediación familiar, orientación profesional e actividades formativas.
Outra das medidas pasa pola implantación progresiva de cociñas propias en centros educativos, comezando polos colexios Mestre Rodríguez Xixirei, Ramón Cabanillas e Lamas de Abade, o que permitiría que máis de 500 alumnos accedan a comida elaborada no propio centro. Verea defendeu este modelo fronte ao actual sistema de catering: “Hai unha diferenza entre transportar comida nunha furgoneta e cociñar no propio colexio; esa diferenza ten que ver coa proximidade, coa confianza e coa calidade do servizo”.
En materia de mobilidade, o paquete inclúe a creación da Parada Familiar, con estacionamento rápido en zonas próximas a colexios, centros de saúde e farmacias, e unha Bolsa Familiar da Zona Azul para facilitar as xestións cotiás das familias.
Verea concluíu defendendo a necesidade de impulsar políticas públicas baseadas en datos e propostas viables, asegurando que estas medidas sitúan no centro do debate a conciliación, a educación e o apoio ás familias.













