Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PSdeG reclama unha resposta urxente da Xunta e do Concello ante os problemas de drogas en Santa Marta

Os socialistas piden reforzar a prevención, a atención sanitaria e a intervención comunitaria tras o falecemento de dúas persoas nas inmediacións do CHUS nun mes

Abal (1)
La concejala socialista, Marta Abal, en rueda de prensa
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira socialista Marta Abal reclamou unha resposta urxente da Xunta e do Concello de Santiago ante os problemas relacionados co consumo de drogas que preocupan á veciñanza de Santa Marta, e advertiu da falta dunha estratexia coordinada para abordar unha situación que require máis prevención, máis recursos asistenciais e maior presenza nos barrios.

Abal sinalou que a preocupación no barrio é compartida polo Grupo Socialista e defendeu a necesidade de adoptar medidas inmediatas para reforzar a vixilancia, actuar contra os puntos de venda de estupefacientes e garantir a seguridade na contorna do CHUS.

Con todo, advertiu de que este problema non se resolve só con máis presenza policial, xa que se trata dunha cuestión de saúde pública, social e comunitaria que require unha resposta integral, coordinada e sostida no tempo por parte das administracións.

Neste sentido, reclamou á Xunta de Galicia e ao Sergas unha maior implicación na atención ás persoas con adiccións, reforzando os recursos existentes e dotando de máis medios á Unidade Asistencial de Drogodependencias para ofrecer unha resposta axeitada ás necesidades asistenciais.

Ao mesmo tempo, pediu que o Concello asuma as súas responsabilidades reforzando a prevención, as campañas de sensibilización, a intervención comunitaria e o acompañamento á mocidade e ás persoas máis vulnerables.

A edil socialista defendeu a posta en marcha dun plan específico de prevención e atención ás drogodependencias en Santiago que combine seguridade, asistencia sanitaria e intervención social.

“A seguridade é importante”, concluíu, pero subliñou que a prevención, a atención e a coordinación institucional son fundamentais para afrontar este problema de raíz.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620