Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A alcaldesa de Santiago lanza un bando para reforzar a limpeza e o cumprimento das ordenanzas municipais

Goretti Sanmartín pide a colaboración cidadá tras detectar un aumento de pintadas, vertedoiros incontrolados e depósitos irregulares de residuos na cidade

Un colector marrón de recollida de residuos en Santiago de Compostela
Un colector marrón de recollida de residuos en Santiago de Compostela
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Con data do 23 de xuño de 2026, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, publica un bando no que solicita a toda a cidadanía a colaboración necesaria para manter as condicións adecuadas de limpeza e ornato e esixe o cumprimento das normas básicas que recollen as ordenanzas municipais e a normativa sobre protección do medio.

Ao longo de 2025, o Concello de Santiago actuou para eliminar máis de 2.000 pintadas nos muros da cidade, retirou uns 16.500 depósitos de elementos voluminosos nas proximidades dos colectores de lixo, máis do 60% dos cales non foran avisados, como é preceptivo, e limpou 83 vertedoiros incontrolados en zonas periurbanas ou rurais. Tamén medraron os puntos en que aparece pegada cartelería en muros, fachadas, escaparates etc., e se detectan máis residuos depositados no colector incorrecto, abandonados no chan e en horarios inadecuados. Por outra parte, tamén se incrementaron os partes de denuncia da Policía Local por incumprimentos das normas de limpeza, protección do medio e uso da vía pública.

"Cómpre, pois", indica o texto, "solicitar de toda a cidadanía a colaboración necesaria para manter as condicións adecuadas de limpeza e ornato e esixir o cumprimento das normas básicas que recollen as ordenanzas municipais e a normativa sobre protección do medio, que prevén tamén sancións para os casos de incumprimento".

Disposicións

Non está permitido fixar carteis nin outros elementos publicitarios en espazos que non estean especificamente habilitados para ese uso ou sen a correspondente autorización administrativa previa.

Así mesmo, queda prohibido realizar pintadas en calquera superficie, agás aquelas que teñan carácter artístico e conten coa debida autorización expresa.

Os residuos deberán depositarse nos colectores habilitados segundo a súa natureza, respectando os horarios establecidos nas normas, que figuran indicados nos propios contedores.

No caso dos residuos voluminosos que non deban ser introducidos nos colectores convencionais, será necesario concertar previamente o día e a hora cos servizos municipais de recollida a través do teléfono 981 56 54 69, ou ben entregalos nos puntos limpos habilitados.

Por último, está totalmente prohibido abandonar restos de obras ou materiais semellantes en calquera punto do termo municipal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620