Santiago impulsa actividades de compostaxe e recollida sostible de herbas de San Xoán nas hortas urbanas
Concello e ADEGA desenvolven charlas no Campo das Hortas para promover a educación ambiental, a economía circular e o aproveitamento da materia orgánica

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, achegouse hoxe ata unha das charlas abertas que o Concello e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) celebraron no Campo das Hortas de Santiago de Compostela sobre compostaxe e unha recollida de herbas de San Xoán respetuosa co medio.
Durante a actividade, na que participaron unha vintena de persoas, a maioría veciñanza usuaria destes espazos da cidade, abordáronse cuestións relacionadas coa compostaxe individual e comunitaria nas hortas urbanas, así como diferentes prácticas vinculadas ao aproveitamento da materia orgánica para a obtención de compost. A sesión tamén tiña como obxectivo intercambiar información sobre as necesidades existentes nestes espazos en relación coa compostaxe. Coincidindo coa celebración do San Xoán, a charla abordou igualmente a posibilidade de crear sementeiras nas propias hortas para o cultivo dalgunhas das herbas máis características desta celebración. O pasado venres, ADEGA xa impartiu unha primeira charla nas Hortas de Brañas do Sar.
Ao inicio da actividade, o concelleiro Xesús Domínguez destacou a relevancia deste tipo de actividades para "mellorar a eficiencia dos composteiros". Así, explicou que se trata dunha actividade enmarcada no programa de educación ambiental que se está a desenvolver nas hortas urbanas de Santiago no marco das accións que se inclúen no canon de Urbaser. Domínguez agradeceu o labor de Adega para coincienciar sobre o correcto uso dos colectores, e destacou que este tipo de actividades axudan a unha mellor xestión deste tipo de residuos.
Tamén o presidente de ADEGA e investigador experto en compostaxe na UDC, Manuel Soto puxo de relevo como se compostaxe doméstica e comunitaria é se alternativa máis sustentábel tanto desde o punto de vista económico momo especialmente o ambiental. Neste programas, a separación en orixe dos residuos orgánicos acada a mellor calidade posíbel, e o compost resultante é apto para o cultivo ecolóxico de alimentos. E a autoxestión dos restos orgánicos, a km cero, sen transporte, vertido nen incineración, e tamén se autoprodución de fertilizante ecolóxico, un ekemento importante dun estilo de vida sustentable.
Pola súa parte, a educadora ambiental de ADEGA, Itziar Díaz, puxo en valor o desenvolvemento da compostaxe nas hortas urbanas "para o aproveitamento dos recursos e da materia orgánica e para obter facilmente un compost de boa calidade nas nosas hortas; desta maneira contribuímos á economía circular".
Educación ambiental nas hortas urbanas
Este proxecto de educación ambiental, desenvolvido por ADEGA coa colaboración do Concello e de Urbaser, estrutúrase en tres ámbitos de traballo: a formación en técnicas de horta ecolóxica, a promoción da compostaxe individual e comunitaria nos espazos de cultivo urbano e a realización de actividades de convivencia e divulgación relacionadas coa alimentación sostíbel e o aproveitamento dos produtos da horta.
No ámbito da compostaxe, o programa inclúe un inventario dos compostadores existentes nas hortas urbanas, a análise das prácticas actuais e das necesidades detectadas polas persoas usuarias, así como a realización de sesións formativas específicas sobre compostaxe individual e comunitaria nos distintos espazos de hortas da cidade.
Cociñando co Sol
A vindeira actividade prevista será "Cociñando co Sol: da horta ao prato", unha sesión demostrativa organizada por ADEGA na que se elaborarán diferentes preparacións culinarias mediante cociñas solares e con produtos da horta. A actividade terá lugar o vindeiro 7 de xullo ás 17:00 horas no mercado Entre Lusco e Fusco, no Parque de Belvís, e está aberta a todas as persoas interesadas nunha alimentación saudábel e sustentábel.











